¿Por qué esta actividade?
Fundamentalmente por dúas razóns: pola importancia da froita na nosa dieta e polo xogo que dá para traballar infinidade de conceptos na aula (cores, sabores, formas, tamaños, texturas...).
¿Qué faremos na aula?
Cada semana traballaremos unha froita diferente, dividindo o traballo en varias sesións:
- Exploraremos a froita a través dos sentidos (cor, forma, peso, tamaño, olor, sabor, textura...).
- Traballaremos a lectoescritura partindo do nome da froita e outras palabras que vaian xurdindo.
- Faremos o zume, traballando tamén hábitos e normas básicas de hixiene e limpeza.
- Outras actividades que xurdan en relación coa froita traballada.
¿Qué temos que facer na casa?
Mañá enviaremos un calendario para que saibades qué froita tocará cada semana (durante os meses de Febreiro e Marzo). Cada luns @s nen@s teñen que traer a froita que toca (unha peza) para comezar o traballo.
O próximo LUNS 11 DE FEBREIRO comezamos con LARANXA.
Coma sempre, opinade sobre esta actividade, gústanos saber qué vos parecen as nosas propostas.
1 comentario:
Moi interesante o dos números e o dos zumos, pero que moi interesante. Parabéns
Publicar un comentario