viernes, 11 de enero de 2008

A ruta do Vell Marí


A Fundación "La Caixa" leva a cabo esta iniciativa relacionada co coidado do medio ambiente.

Vell Marí é o nome popular da foca do Mediterráneo, unha especie en grave perigo de extinción da que non quedan máis de 400 exemplares en todo o mundo. Tamén se chama así o veleiro do programa "La Caixa" a favor do mar. É un barco dotado de equipamento para actividades de rescate, clínica, recuperación de animais e estudo de ecosistemas mariños.

O Vell Marí estará no porto de Vigo do 25 de Abril ó 4 de Maio, e podedes visitalo de luns a venres de 10 a 18 horas. A entrada e gratuíta e a visita dura aproximadamente 50 minutos.

Aínda que está orientado a nenos e nenas a partir de Primaria, ao mellor vos interesa visitalo cos vos@s fill@s

No hay comentarios:

LinkWithin

Related Posts with Thumbnails