martes, 29 de enero de 2008

OS COCIÑEIROS DO MONTE DA GUÍA

Hoxe recibimos no cole unha visita xenial: as avoas Mila e Mucha fixéronnos pasar un día estupendo coas súas orellas e rosquillas deliciosas.
Estabamos tod@s guapísimos cos nosos mandís. A mañá pasou voando e, por fin, chegou a hora. Lavamos moi ben as mans e preparámonos para amasar e, cómo non, ¡para comer!
Seguro que @s peques xa vos contaron todo o que fixemos pero unha imaxe vale máis que mil palabras... ¿queredes ver cómo resultou a experiencia?


Por suposto, moitas grazas ás cociñeiras Mila e Mucha por facernos pasar un día tan especial, e ás familias que colaboran día a día coas actividades do cole. E, por certo, ¡xa pasamos das 2000 visitas! :-)

No hay comentarios:

LinkWithin

Related Posts with Thumbnails