As Súas Maxestades os Reis Magos de Oriente xa están chegando a Vigo e, como cada ano, pasearán polas rúas da nosa cidade o sábado 5 de Xaneiro. Coma sempre lanzarán caramelos, pero este ano serán sen gluten para que @s nen@s celíacos tamén poidan comelos.
A axenda dos Reis Magos para o 5 de xaneiro é a seguinte: Recepción oficial ás 18.00 horas na escalinata da Igrexa de Santiago de Vigo. Ás 18.30 horas partirá do nó de Isaac Peral a comitiva, para percorrer García Barbón, Policarpo Sanz, Porta do Sol e rematar en Elduayen.
A presenza dos Reis Magos na nosa cidade será continua durante todo o día. Pola mañá teñen previsto visitar varios hospitais e a Casa de Acollida. Como novidade este ano, ás 11.00 horas haberá unha recepción dos Reis aos nenos e nenas da cidade con chocolatada e actividades de animación.
E pola noite a deitarse moi cedo para que Melchor, Gaspar e Baltasar entren nas nosas casas e deixen algún regaliño. ¡Esperamos que se porten moi ben con tod@s vós!

¡¡¡Moitos bicos!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario