domingo, 16 de abril de 2023

Anacos de vida "FROTTAGE". Debuxo de texturas

 As nenas/os comprenden o mundo a través da súa exploración cos sentidos (o sentido do tacto completa as sensacións sonoras e visuais e axúdannos a coñecer a contorna). Con esta idea xorde esta proposta que explora o rexistro de texturas (técnica que consiste en fretar cun lapis, ou outros materiais, sobre un papel colocado enriba dun obxecto; o papel atrapa a forma e a textura.

Esta actividade foi realizada de dous xeitos. O primeiro en formato mural, no que a mancha resultante invita á reflexión posterior, crea curiosidade, asombro...

Na segunda opción ofrécese as nenas/os un campo de exploración (superficie con variedade de texturas). Sobre o que realizan as súas composicións a modo de colaxe, pegando os anacos con cinta de pintor. A continuación nun papel branco realizan a acción de fretar. Mediante o frottage as nenas/os prestan atención a como se rebela a textura e iso implica reflexión. Neste momento a mirada da nena/o fai unha introspección, unha procura persoal convertendo o soporte nun escenario narrativo.












LinkWithin

Related Posts with Thumbnails