miércoles, 28 de febrero de 2018

Mauro e o gran invento da bombilla!!!!

Mauro veu falar do seu invento, a bombilla. Pero antes, estivo contándonos que empregaba a xente na escuridade para ver, cando aínda non existían as bombillas. 
Ensinounos unha vela que facían coa cera das abellas e comprobamos que non se veía moito. E vimos que cando a cera caía, podía queimarnos. E por iso, se lles ocorreu meter a vela nun candil. E falaron de que iso facía que non se apagara co vento. E algúns contaron que hace tempo, tamén empregaban uns candils que tiñan aceite dentro.
Canto pensamos e canto sabemos!!!



Logo, puxo a palabra do seu invento e contamos as letras que tiña. E vimos que algunhas estaban repetidas e que unha repetida era unha letra sola!!! E que non vemos moitas "LL".


Contóunos como se chamaba o seu inventor Thomas A. Edison, e que materiais empregou para facela. Vimos diferentes tipos de bombillas pola forma, tamaño, cor e miramos como eran por dentro. 


Fixemos de bombillas de cores, porque non tiñamos, cuns gorros de celofán preparados para...A LÁMPARA MARAVILLOSA!!! E cos gorros enchemos a clase de luces de moitas cores. Coa verde parecía que estabamos deitados na herba. Coa amarela, viaxamos ao sol e sen queimarnos. Coa azul estabamos no fondo do mar, e coa de cor vermello... sangue,medo ou entre rosas que era máis bonito!!!



Tamén, falamos de como se sentían os nosos ollos coas diferentes cores de luz. E dicían, que a luz do gorro transparente brillaba máis e molestaba aos ollos. E que a branca e as de cores, molestaban menos.


Logo, como era unha lámpara maravillosa, fixemos os xenios que saerían delas, segundo a cor do seu gorro. E fixeron un xenios IMPRESIONANTES!!! Chamábanse: Amarillita Pepita, Pelusito azul, Chicachico e Gomososo.



E rematamos poñendo o gorro brando á nosa lámpara maravillosa, para facer sombras máxicas coas mans!!!

No hay comentarios:

LinkWithin

Related Posts with Thumbnails