jueves, 2 de marzo de 2017

Brandán e a comida do porquiño.

Hai uns días,  Brandán trouxo ao cole un porquiño na súa casiña, un porquiño que falaba!!! Foi moi divertido falar con el, porque non entendiamos o que nos contestaba.
Brandán contounos onde estaba deitado e que lle gustaba comer e démoslle un pouquiño da súa comida. Cada un escolleu algo que lle gustaba para darlle. Tamén, descubirmos que algún alimentos facían música, e iso gustáballe moito ao porquiño de Brandán.

Logo, colocamos os alimentos e tocámolos para ver como eran. Miramos a súa forma, olor, cor, cantidade que había de cada un, etc.  E para xogar un pouco, xuntamos os que eran iguais e a profe repartiu uns billetes para mercar comida. Enton, fixemos de porquiños e cada un mirando o seu billete que tiña un número, tiña que pensar que podía mercar para xantar.  Canto tivemos que pensar, pero... que ben o fixemos!!!!







No hay comentarios:

LinkWithin

Related Posts with Thumbnails