Para fechar por este ano o programa de educación pola igualdade do concello de Vigo nomeado como "Camiña con nós pola igualdade" acompañáronnos o tenente de alcalde do concello, Santiago Domínguez e maila concellala de Igualdade, Iolanda Veloso. O obxectivo desta iniciativa foi fomentar a educación en igualdade de oportunidades entre nenos e nenas dende a comunidade educativa para promover a igualdade e previr a violencia de xénero.
Os nenos co tenente alcalde e a concelleira
No hay comentarios:
Publicar un comentario