Que días de Entroido tan fermosos! Onte visitamos aos nosos avoíños e avoíñas do Centro de Día para cantar e bailar xuntos/as. Pasámolo xenial!
jueves, 27 de febrero de 2025
miércoles, 26 de febrero de 2025
Pompas con Cristian
Sen dúbida temos un super conserxe no cole, que ademáis de traballar moitísimo e moi ben, é un tesouro tamén para o noso alumnado. Hoxe sorprendeunos con estas super pompas na hora de recreo e pasámolo REQUETEXENIAL!!!!!!! Grazas por tanto, Cristian!
martes, 25 de febrero de 2025
Conmemorando o Día de Rosalía co CEP Santa Tegra
Como cada ano, os nenos e nenas de 5 anos visitaron o CEP Santa Tegra para conmemorar o Día de Rosalía, para contar un conto con Kamishibai que prepararon coa profe Andrea ao alumnado de 1º e 2º de Primaria.
Grazas, coma sempre, pola vosa acollida! É fermoso reencontrarse con antigos amigos/as do cole e visitar os espazos "de maiores", que pronto nos toca a nós!
Ciencia en familia con Martín e Lina
O pasado xoves tivemos sesión de Ciencia en familia na aula de 5 anos con Martín e Lina. Pasámolo xenial!
miércoles, 19 de febrero de 2025
Contacontos co alumnado do IES A Guía
A pasada semana tivemos a sorte de ter uns contacontos nivel top!!! Viñeron, como cada ano, alumnos e alumnas do IES A Guía a dramatizar dous contiños en cada unha das nosas aulas. Encantounos!!!!
Segunda sesión de xestión emocional
Segunda e última sesión deste curso de xestión emocional a través da respiración, da man de Lorena de Sagna Yoga. Mil grazas!!! Foi xenial!!!
miércoles, 12 de febrero de 2025
Primeira sesión de xestión emocional a través da respiración
Onte tivemos a primeira sesión de xestión emocional a través da respiración con Lorena, de Sagna Yoga. Todo un éxito!!
O vindeiro martes repetimos!
jueves, 6 de febrero de 2025
Ciencia con Uxía e familia
Onte na aula de 3 anos fixemos un experimento chulísimo con Uxía e familia, aprendendo sobre os imáns e o respecto pola natureza. Mirade que ben o pasamos limpando o río!
Mil graciñas!!!