sábado, 28 de octubre de 2023

Anacos de vida. Elaborando Pan (aula das flores)

A elaboración de receitas é un modo de achegar ás crianzas a aprendizaxe da lingua escrita a través de textos de uso social; textos con significado e funcionalidade. A linguaxe vincúlase así a súa función fundamental: comunicar.
Falamos sobre o que é unha receita; lemos os ingredientes da mesma e o máis significativo, participamos na súa elaboración (aprender facendo).







Anacos de vida. Arañas

 A raíz da vivencia da celebración do Samaín, unha crianza comenta que necesitamos enfeitar a aula con arañas; algo que ela considera propio desta festividade. Penso como podo aproveitar este comentario para que o feito de decorar comprenda un proceso de reflexión conxunta e construción persoal.

Como son as arañas? ... Falamos do que cada crianza considera, ollamos un libro de insectos e imaxes diferentes de arañas. 






martes, 24 de octubre de 2023

Inauguramos "Ciencia en familia"

 Inauguramos as sesións de Ciencia en Familia con Noemí, Xián e Breixo. Fluído non newtoniano de cores! Grazas familia!














lunes, 23 de octubre de 2023

Biblio de familias!

Abrimos as Portas da Biblioteca para todas as familias!

Podedes acceder a máis información a través do blogue “Bibliotegriña”. 



Podédelo atopar na faciana esquerda deste blogue principal  ou a través da seguinte ligazón:

                 

 https://bibliotegrinha.blogspot.com/

viernes, 13 de octubre de 2023

Cousas

  A rapazada da aula das Miñocas comezou a trazar un dos seus camiños máis importantes desde que entraron na escola...son as persoas maiores e saben da importancia de poder ser un exemplo para toda a comunidade.

Aquí aparecen algúns instantes que vivimos desde setembro. Son iso, pequenos momentos que quedan capturados nunha imaxe, porque recoller a esencia e a totalidade dos mesmos sería imposíbel.




















sábado, 7 de octubre de 2023

Anacos de vida. Aula das flores

 Anacos de vida é unha xanela ao que acontece na aula das flores; pequenos intres, dunhas flores en proceso de construcción da súa identidade.
















LinkWithin

Related Posts with Thumbnails