lunes, 31 de octubre de 2022

Experimentamos coa conxelación e desconxelación

 Un experimento en dúas sesións coas mamis de Naia, co que desfrutamos moitísimo. Primeiro enchendo os nosos globiños de auga e deixándoos uns días no conxelador. Despois observando como estaban tras varios días no frío, e experimentando coa desconxelación con sal e xogando coas cores.

Graciñas Almu e Oli! Foi xenial!
















miércoles, 26 de octubre de 2022

Máis Ciencia en familia "terrorífica"!

 Con Juli e Enzo fixemos tres experimentos chulísimos cos que tamén aprendemos un montón! Electricidade estática, sangue de vampiro (diferentes densidades) e monstros espumosos. Graciñas mil!










O Samaín chega tamén ás sesións de Ciencia en familia

 Graciñas, Bea e Martín, por estes experimentos tan xeniais! Columna de densidades e zombies espumosos.











viernes, 21 de octubre de 2022

A respiración pulmonar na aula dos dinos

 Seguimos coas sesións de Ciencia en Familia, esta semana na aula dos dinos cun experimento para explicar a respiración pulmonar con Inma e Daniela Otero.

Graciñas mil! Unha sesión super interesante!








lunes, 17 de octubre de 2022

Máis Ciencia en familia na aula das Miñocas

 Hoxe compartimos un tempiño coa familia de Énid para facer dous experimentos: inflar globos con vinagre e bicarbonato, e bolboretas con electricidade estática.

Grazas papis!!










miércoles, 12 de octubre de 2022

Ciencia en familia na aula das miñocas

 Coa familia de Andrés aprendemos a provocar unha reacción con vinagre e bicarbonato para simular un volcán, e tamén fabricamos lámpadas de lava. Mil grazas!!










LinkWithin

Related Posts with Thumbnails