lunes, 28 de marzo de 2022

Compostaxe na escola

 Na nosa escola queremos apostar polo coidado da nosa contorna tratando de imitar á natureza. Como?, apostando pola compostaxe como sistema de xestión dos residuos orgánicos que xeramos diariamente; co fin de avanzar cara unha economía na que os residuos sexan tratados como materias primas, que podemos devolver á terra en forma de compost. Reducindo o espolio dos nosos recursos naturais.

A compostaxe transforma grazas aos organismos descompoñedores, os restos orgánicos das nosas comidas, xardíns e hortas en compost, un producto estable de cheiro agradable e con propiedades beneficiosas para solos e plantas.

Se queredes colaborar neste proceso de transformación podedes aportar os seguintes ingredientes, que poden ser de dous tipos:

- MATERIAL ESTRUCTURANTE (SECO): polas podadas ou trituradas, vides cortadas a 4 cm, palla seca, follas secas, estrume (vexetación propia do monte), osos de froitos (melocotón, aguacate, olivas...), panos de mesa e cociña de papel sen tinta.

- MATERIAL HÚMIDO: restos de comida, restos da sega de céspede, follas frescas, anacos de froita e verdura, restos de plantas, flores vellas e plantas de maceta.

Preto do castiñeiro tedes un contedor de cor verde para o material seco, e ao lado un composteiro de cor negra para o material húmido.

Graciñas familias



sábado, 26 de marzo de 2022

Ti si que es un bo peixe

 Grazas a Marexada, Deporte, Lecer e Cultura e ás Consellerías do Mar e de Educación, puidemos desfrutar desta actividade esta semana na escola. Aprendemos moitísimas cousiñas sobre as especies que habitan nos nosos mares con baile incluído.


martes, 22 de marzo de 2022

Saída en familia

 Porque temos a mellor ANPA do mundo mundial, que organizan estas actividades tan chulas para que todas as familias o pasen en grande, desconectando un chisco e saboreando este tempiño xunt@s.

Que ben o pasaron na Escola de Equitación San Cosme!

Grazas polo esforzo!





"Os Tres Porquiños"

FEARMAGA ( Federación Empresarial de Aserradores e Rematantes de Madeiras de Galicia) en colaboración coa Axencia da Industria Forestal , ofrecéronnos unha versión de "Os Tres Porquiños" que nos fixo comprender a importancia do coidado dos bosques. 

Estivemos moi moi atentos e atentas!







viernes, 11 de marzo de 2022

martes, 8 de marzo de 2022

Escola de familias online con Lorena Gamito

O vindeiro luns temos unha nova sesión de Escola de Familias Online con Lorena Gamito para acompañar ás familias un chisquiño máis despois desta ola da pandemia que foi tan dura para todos e todas.

Coma sempre, inscricións a través do noso correo electrónico.

Animádevos!!



sábado, 5 de marzo de 2022

Xogar é algo serio!

Experimentación ou exploración autónoma.






miércoles, 2 de marzo de 2022

LinkWithin

Related Posts with Thumbnails