Sempre dicimos que o noso cole ten MAXIA, porque todas as persoas que chegan aportan sempre cousas fermosas e deixan dalgún xeito a súa pegada. Tamén foi o caso de Ana e Nati, as nosas mestras de prácticas deste curso, que xa botamos en falta esta semana.
Grazas infinitas por tantos momentos compartidos, pola vosa implicación e agarimo... Contacontos teatralizados, sesións de psicomotricidade, actividades de alimentación saudable, acompañamento respectuoso aos vosos/nosos pequenos e pequenas... e un longo etcétera.
Moitos momentos fermosos que puidemos desfrutar dende novembro ata o pasado venres e que forman xa parte das nosas vivencias e quedan nos nosos corazóns.
Tedes as portiñas do cole sempre abertas, xa o sabedes. Moita sorte no camiño e esperamos a vosa visitiña moi pronto!










