miércoles, 26 de febrero de 2020

Escola de Familias

Anotade esta data!! Non o podedes perder!!
Con servizo de monitora para as familias que o precisedes.




viernes, 21 de febrero de 2020

O ENTROIDO

ASÍ FESTEXAMOS O ENTROIDO NA ESCOLA: O LUNS, MARTES E MÉRCORES FACÉNDOLLE CASO AS ORDES DO MECO, O XOVES FESTA E DISFRAZ LIBRE E O VENRES OS ROCKEIROS INVADEN O CEP SANTA TEGRA. 
PÁSAMOLO EN GRANDE.


Explorando

Luz, cores, formas, letras e números... sementes e xogo libre.







Construcións

Este curso inauguramos un recunchiño na aula no que as crianzas poden facer uso de diferentes materiais (ollos, depresores, cortizas, la, anacos de papel etc) para crear diversas composicións. 
As creacións resultantes non responden a ningún obxectivo; son os nenos/as os/as que partindo da súa imaxinación , intereses e motivacións crean obxectos tan interesantes e fermosos como estes.


Aprendizaxes

As fabas da nosa horta das Sete Lúas xa floreceron e pronto disfrutaremos desta nutritiva e rica legume, mentres tanto aproveitamos para introducirnos no coñecemento da numerosa familia das leguminosas mediante unha actividade na que podemos observar con imaxes reais como son as plantas, as diferentes vaíñas e tamén cada unha das sementes; fabas, lentellas, garavanzos, ervellas, cacahuetes, soia etc.
Traballamos o vocabulario, grafías, conteo e tamén escribimos. 




viernes, 14 de febrero de 2020

jueves, 6 de febrero de 2020

EXPLORANDO NA MONA CHITA

Este martes os PITIÑOS tivemos o pracer de disfrutar dunha sesión de exploración sensorial na MONA CHITA. 
Grazas por compartir con nós un día único, as súas caras son o reflexo dese día.



miércoles, 5 de febrero de 2020

Rigoberta Menchú

E con este último video damos por finalizada a nosa investigación da Semana da Paz. Coma sempre, infinitas grazas pola vosa colaboración, familias! Manter viva a súa curiosidade é o máis importante para a aprendizaxe ♥ GRAZAS!!


Nelson Mandela

Xogo







Aprendizaxes















lunes, 3 de febrero de 2020

Proceso intelixencia emocional:  O NOSO CADERNO DE RECICLAXE

¡¡ Xa estamos no cuarto proceso de intelixencia emocional !! 
Esta vez dedicámolo a importancia das tres R (Reducir - Reciclar e Reutilizar). 
Para isto partimos do conto da rá de tres ollos e dunha curta sobre a importancia da reutilización do lixo do que nos desfacemos cada día. 
Coñecemos a fondo qué tipo de refugallo debemos ensartar en cada un dos contenedores de reciclaxe, cales son as cores que lle corresponden e elaboramos o noso propio caderno onde clasificamos latas, papeis, botellas de vidro, bricks, bolsas, etc.









domingo, 2 de febrero de 2020

Semana da Paz (III)

Malala 



DESFRUTANDO DO CURSO


As formiguiñas seguimos con novas vivencias e aprendizaxes.
Da gusto pararse uns intres e observar as súas caras de LEDICIA!
CANDO están tocando unha nova textura (neve feita por nos, escuma..),
CANDO están empregando un novo útil (ramas de arbustos, canicas...) para facer a súa maior obra de arte,
CANDO están aprendendo novos conceptos (números, letras, cantidade, grafía, etc)
ou o simple feito de recoller cunha escoba e cun recolledor o que eles mesmos acaban de tirar o chan tras o xogo libre na mesa sensorial de arroz.




















LinkWithin

Related Posts with Thumbnails