viernes, 30 de marzo de 2018

Aire, terra, auga ...

Aproveitando que mercamos diferentes caixiñas de animais para a aula (bosque, deserto, ártico, océano), no momento da asamblea estivemos falando dalgúns deles e intercambiamos coñecementos e opinións. Despois os clasificaron seguindo os seus propios criterios en animais de terra, auga e aire, creándose algunha pequena discusión sobre onde debería ir algún.. este foi o resultado.









                   










Traballo nos rincóns

Aquí tedes algúns dos traballiños que realizaron as ras nos diferentes rincóns

lectoescritura. Composición de palabras


Grafía das minúsculas

Natureza. Clasificación dos animais (hábitat). Asociacón imaxe- figura.



Grafía dos números en escuma


Último proceso de arte do trimestre. "Pintar a música"

Neste proceso os nenos e nenas bailaron ao son de diferentes composicións musicais, experimentando a través do corpo e o movemento as sensacións que a musica lles transmitía; a continuación empregaron a arte como medio de transmisión destas sensacións, creando fermosas composicións nas que atoparon flores, estrelas, personaxes, elementos da natureza... 






viernes, 23 de marzo de 2018

Felices vacacións!

FELICES VACACIÓNS!!

VOLTAMOS O MARTES DÍA 3 DE ABRIL

jueves, 22 de marzo de 2018

Ovos de chocolate!!

Esta noite o coello de Pascua visitou a aula dos peixiños e esta mañá atopamos a clase cheeeea deles!! Iso sí, tivemos que buscalos!! Divertidísimo!






Despedindo o inverno

Porque nós somos así :) Despedimos o inverno e damos a benvida á primavera con neve!!
Que ben o pasamos!


miércoles, 21 de marzo de 2018

Inventando robots!!!

Unha das actividades que recollimos no noso plan de traballo, do proxecto dos inventos, foi inventar robots. E hoxe, tocóunos ser inventores e inventoras.
Pensando, pensando, como non tiñamos pilas, nin motores para que funcionaran ou se moveran, falamos de facer robots inmóviles, estáticos. Pero que con eles, poderíamos facer moitas cousas. Poñerlles nome. Contarlles segredos. Bailar e movelos nos. Cantarlles cancións. Inventar aventuras. Xogar con eles na nosa casa. Levalos de viaxe. Ensinarlles ás nosas familias como se pode facer un robot. Facer que é o noso amigo ou amiga máxica. E moitas posibilidades máis. Pero todas, para pasalo ben!!!


  Fixémolo con materiais que tiñamos na escola, a maioría de refugallo. E como moitos non se podían pegar con pegamento, empregamos anacos de belcro por primeira vez. Fixemos un traballo de psicomotricidade fina, moi bo, quitándolle os papeliños.





Traballamos moitísimo!!! Pero mereceu a pena porque quedaron Chulísimos!!!




martes, 20 de marzo de 2018

A primavera e as súas preciosas e diferentes flores!!!

Hoxe, xa non choveu e fixo un sol radiante, porque chegou a primavera. E o que máis nos gusta dela e que van saír moitas flores preciosas. Pero non sei se tanto coma estas, que fixeron os coelliños e coelliñas.






Gael e o gran invento do paraugas!!!

Con Gael rematamos este coñecemento dos inventos, dalgúns inventos, porque hai tantos... E coma sempre comezamos por poñer o seu nome e xogar coas súas letras.


Nesta ocasión, tampouco sabemos o nome certo do inventor ou inventora. Pero coñecimos unha un lenda de China. Onde dicen que foi unha chica chamada Lu Mei. Esta cansada de mollarse coa choiva, e fixo unha aposta co seu irmán, para ver cal dos dous facía antes, algo para non mollarse. E gañou ela. Que cun bastón, con paus e unha tea, contruiu un paraugas. 



Logo, vimos diferentes paraugas e as súas partes. Os agrupamos polo seu tamaño. Vimos se se podían plegar ou non. Quen os usaba, se a xente maior ou os nenos e nenas. Cales pesaban máis ou menos.



 Tiveron moito éxito os paraugas automáticos!!!


E comezamos a xogar, esta todos e todas xuntos. Primeiro xogamos a "Eu son un paraugas".



Logo, ás adiviñas con "Quen se agocha no paraugas".




E rematamos, facendo uns paraugas de cores, con choiva moi chulos!!!






LinkWithin

Related Posts with Thumbnails