jueves, 28 de septiembre de 2017

Algunhas actividades destes primeiros días...

Durante estes primeiros días no cole, os peques estamos coñecéndonos, aprendendo a convivir todos xuntos, a adaptarnos a novos ritmos e rutinas da xornada na escola e, sobre todo, estamos explorando os espazos e materiais que temos na aula e no cole.
Aquí tedes algunhas fotiños de propostas destes primeiros días:




E a nosa primeira "excursión", que non foi moi lonxe, jeje: ao patio do cole a buscar tesouros de outono para traballar con eles na aula despois. Contando, pensando e asociando cantidades.

Comezamos!!

martes, 26 de septiembre de 2017

Os coelliños e coelliñas xa estamos a tope na nosa aula!!!

Levamos un setembro explorando os novos espazos da nosa aula, os novos recurosos e posibilidades de xogo e interacción que nos ofrecen. E o máis importante, gozando de novo xuntos e xuntas: 

Cun espazo para viaxar e vivir aventuras, ou inventalas...


Cun espazo para imaxinar, onde vestirnos e facer como as persoas que coñecemos ou vemos...



Cun espazo para construir todo o que queramos e imaxinemos...



Cun espazo para crear, debuxar, pintar, escribir nomes, facer cartas...



Cun espazo para explorar e inventar con material da natureza e de refugallo.




E cun lugar onde pensar para xogar seguindo regras e respectando turnos, onde resolver problemas de lóxica que nos presentan os recursos que temos...





Coas coelliñas Celeste, Eiza e Alanna xa fixemos festa porque... estiveron de aniversario!!!


viernes, 22 de septiembre de 2017

sábado, 16 de septiembre de 2017

Zumiños

Itzel estaba desexando facerse o primeiro zume e onte, por fin, puidemos facelo.
Cortar, espremer, trasvasar e degustar. Cantas cousas exercitamos con algo tan sinxelo!






Momentos xuntos

Estes primeiros días tiñamos unha grande necesidade de explorar o espazo, os materiais, descubrir cousas novas cada día... Pero nalgún momento puntual da mañá intentamos sentarnos todos xuntos un tempiño para empezar a "facer equipo".

Aquí tedes dous momentos, moi distintos, pero cada un co seu encanto :)



miércoles, 13 de septiembre de 2017

Primeiros días dos pequeniños!

Primeiros días explorando novos espazos, materiais, coñecendo a novas persoas (grandes e pequenas) e xestionando as nosas emocións sen presenza das nosas figuras de apego.

Comezamos a coleccionar momentos xuntos!


viernes, 8 de septiembre de 2017

Feliz volta ao cole!!



Vémonos o luns, ras e coelliños en horario de 9 a 14h, e os novos peques no horario de adaptación que vos corresponde.

Feliz comezo!!!


LinkWithin

Related Posts with Thumbnails