lunes, 29 de febrero de 2016

Comezan as conferencias de bechos na aula dos coelliños. Aquí tedes ao experto Tomás que nos ensinou cousas dos cempés.


Dentro do proxecto de Bechos que estamos a facer, comezamos cunha ronda de conferencias coas que imos aprender todos e todas de todos e todas. Unha actividade na que investigamos e preparamos na casa a información que decidimos aprender dos bechos (como son,o que comen, onde viven e algunha curiosidade). Logo aprendemos ainformación e preparamos os recursos que queramos para a exposición. E por último, facemos de relatores expertos, dando unha conferencia para ensinar aos nosos compañeiros e compañeiras.

O primeiro en facela, foi Tomás que nos falou dos cempés. Aquí tedes uns minutiños da conferencia e os cempés que debuxamos vendo a foto que trouxo.




CONFERENCIA TOMÁS from HELEN JUNE on Vimeo.

Así foi a charla de Jorge o pai de Vera, sobre outros bechos chamados virus e bacterias.




E despois, así debuxamos nos a eses virus e bacteria. Chulísimos!!!




domingo, 28 de febrero de 2016

Matemáticas larpeiras... con galletas

Despois do "parón" do Nadal e o Entroido, as abelliñas retomamos as sesións de matemáticas larpeiras que tanto nos gustan. Esta vez con galletas!

Primeiro repasamos as formas xeométricas básicas, intentando adiviñar a forma dunha galleta só a través do tacto (moi doado no caso do círculo, non tanto para diferenciar cadrado e rectángulo sen mirar!).

Despois, todos aos seus postos! Coma sempre, estas sesións son de traballo en equipo: temos que repartir e compartir os materiais para que todos os membros participen na actividade, escoitar as opinións dos compañeiros, tomar decisións en grupo e elaborar un produto final en común.

Comezamos construíndo figuras coas galletas:


Fixeron unhas figuras chulísimas!



Despois, clasificaron as galletas segundo a súa forma xeométrica, contaron cantas había de cada, ordenaron os montóns de menor a maior e representárono gráficamente:







E por último, pero non menos importante... a comeeeerrrrr!!!




viernes, 26 de febrero de 2016

Promocionando Vigo con... "O tren dos amigos e amigas".

Que mellor maneira de facer amigos e amigas, que con un agasallo!!! Eso é o que lles estuvimos facendo. Lembramos un xogo de cando fixemos o proxecto de cómo se fan os amigos e amigas e dímoslle unha volta… porque como están traballando con aousas de trenes… fixemos debuxos de trenes e o xogo “ O tren dos amigos e amigas”. Tamén, escribimos as instruccións para que saiban xogar. E logo, antes de metelo no paquete que lles mandaremos a Toral… estivemos xogando co tren, para ver se nos parecía divertido. Seguro que lles vai encantar, porque…Pasámolo xenial!!! 


jueves, 25 de febrero de 2016

Os coelliños comezamos unha nova aventura que se chamará: "Promocionando Vigo".

Xa levamos días nunha nova aventura.  Nun proxecto, no que os coelliños faremos de guías turísticos para os nenos de 6º de Educación Infantil do Colegio Público Toral de los Vados. Este centro está na comarca do Bierzo, na provincia de León. Queremos facer novos amigos e amigas e coñecer outras realidades que viven nenos e nenas como nos. E tamén, compartir o que facemos e o que temos, a nosa cidade. Para iso estamos preparando un paquete, e nese paquete irán as cartas nas que contamos o que nos gusta...


Esta é unha pequena mostra do que contamos...


CONTINUARÁ...

Héctor e Puntillas atoparon o tesouro dos cinco sentidos da letra "H".






domingo, 21 de febrero de 2016

Abrimos solicitudes de matrícula!

Podedes solicitar cita para ver o cole e/ou pedir información no teléfono 986.37.97.79 ou a través do correo electrónico: eei.montedaguia@edu.xunta.es

O prazo para entregar as solicitudes é do 1 ao 29 de marzo.

Teremos unha reunión informativa o día 15 de marzo ás 16:00h.

sábado, 20 de febrero de 2016

Dictado de formas

Un traballo de concentración, atención, escoita activa e organización espacial. Onde temos que colocar cada forma? Hai que estar atentos ás instrucións! "Rectángulo grande no medio", "dous círculos debaixo do rectángulo", "cadrado enriba do rectángulo"...

E agora... a qué se parece? Chulísimos quedaron!! Aquí tedes algúns:




viernes, 19 de febrero de 2016

Elena e Puntillas atoparon o tesouro dos 5 sentidos da letra "D"





Na aula dos coelliños, estivemos xogando aos escaravellos peloteros!!!

Na aula dos coelliños, estamos xogando co que sabemos dos bichos e algunas das cousas que estamos descubrindo nas investigacións que van facendo en casa, para preparar as súas conferencias.


Nesta ocasión estivemos xogando aos escaravellos peloteros. Uns saían de paseo e outros quedaban na súa casa. Os que saían,  facían a súa pelota e nela gardaban un tesorero que tiñan que descubrir os que estaban na casa e que eles intentaban agochar todo o que podían. Xogaremos máis veces, porque foi…moi divertido!!!


miércoles, 17 de febrero de 2016

Lucía e Puntillas atoparon o tesouro dos 5 sentidos da letra "P".





Entroido 2016


Se chove... que chova!

O monstruo de colores

Identificando emocións en Atención Educativa.

Charles Perrault

Aproveitando que Google nos recordaba hai unhas semanas o nacemento de Charles Perrault, na clase de inglés coñecimos quen era e cales son algúns dos seus contos.

miércoles, 10 de febrero de 2016

Alba atopou o tesouro dos 5 sentidos da letra "P"

Cantas cousas estamos aprendendo con esta misión que nos encomendou o noso amigo Puntillas... Nesta ocasión, Alba atopou na súa casa, unha chea de cousas que comezan pola letra que ela escolleu, a letra "P". Xa na clase, comparteu con nos todo o que atopou e fíxoo.. Xenial!!!
Así, escoitamos o son dun pito, gozamos co perfume que trouxo para o sentido do nariz...


Ensinounos unha foto do Algarve e nela vimos moitas cousas. Tamén, tocamos a plastilina que é blanda e algo dura, flexible, suave, está templada e para algúns fría...cantas sensacións!!!


E para rematar, ensinou o tesouro do sentido da boca... plátanos!!! e ñam, ñam... desapareceron.


lunes, 8 de febrero de 2016

Xoves de Entroido: Festa de disfraces!

Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
This free photo slideshow created with Smilebox

LinkWithin

Related Posts with Thumbnails