domingo, 31 de enero de 2016
Contacontos en lingua de signos
Grazas á nosa ANPA, e a María José e Fátima, disfrutamos dun xenial contacontos en lingua de signos ("A gaivota Antón"):
| Free slideshow personalized with Smilebox |
Traballiños das ras
As ras traballan a noción de cantidade e a clasificación con elementos da natureza (cunchas, noces, castañas, abelás e landras.
| Slideshow customized with Smilebox |
sábado, 30 de enero de 2016
Semana da Paz
Unha das "actividades estrela" desta semana: a carreira solidaria organizada por Save the Children, coa que levamos colaborando xa moitos anos.
E deliciosa quedou a "Sopa da Paz"! Graciñas por participar!!
| Customize your own photo slideshow |
Árbores de Entroido
Temos unhas familias...do mellor do mundo mundial! comprometidas, participativas, creativas, ilusionadas, responsables, divertidas,colaboradoras,positivas e mil cousas máis!! A paisaxe do noso Centro está acadando unhas cores fermosisímas e as árbores, por vez primeira, participan do Entroido: son seres vivos, as nosas compañeiras e queremos compartir con elas estas datas tan bulideiras. Grazas a todos e a todas: aboa, mamis e papis de Lara, Nahia, Lena, Antía, Teo, Roi, Xiana e a cantos valorades as nosas iniciativas e proxectos ...que son as vosas tamén!!







miércoles, 27 de enero de 2016
Obradoiro de percusión con material de refugallo
Que fácil é construír os nosos propios instrumentos e xogar cos ritmos e sons sen ter que mercar nadiña de nada!
| This free photo slideshow generated with Smilebox |
martes, 26 de enero de 2016
domingo, 24 de enero de 2016
A ollada dos nenos
Revisando os iPads da aula e preparándoos con novo material de traballo, atopamos estos tesouros: fotos espontáneas sacadas polos peques. Fermosas!
| This photo slideshow created with Smilebox |
viernes, 22 de enero de 2016
jueves, 21 de enero de 2016
Xa cheira a Entroido
No patio da escola xa cheira a Entroido... Algunhas árbores xa están disfrazadas, animádevos a participar!!
miércoles, 20 de enero de 2016
Xana otopou o tesouro da letra... "A"
Ainda que xa estamos a traballar nun novo proxecto, temos que seguir coa misión que nos encomendou o noso amigo Puntillas. Por iso, seguimos a buscar os tesouros das letras do abecedario que nos faltan.
Nesta ocasión, Xana atopou o tesouro dos cinco sentidos da letra A e trouxo ao cole unha chea de cousas: améndoas, area, un asubío, aceite e abellas.
Ideas previas do proxecto da Paz
As abelliñas xa estamos traballando nun novo proxecto: a Paz. Esperamos que vos guste o traballo destes días, no que cada neno explicou qué é para el a paz, buscou unha imaxe e internet e entre todos montamos este pequeno vídeo coa app 30Hands:
lunes, 18 de enero de 2016
domingo, 17 de enero de 2016
Suscribirse a:
Comentarios (Atom)































