domingo, 29 de noviembre de 2015

A nosa árbore de Teis

O luns, de 11 a 12, un pequeno grupiño de cada aula irá a decorar a nosa árbore! Graciñas pola vosa colaboración aportando adornos e materiais para esta actividade!


sábado, 28 de noviembre de 2015

O pirata Puntillas e o tesouro das letras do abecedario!!!

O pirata Puntillas apareceu na escola e cunha misión para cada un de nos. Atopar o tesouro dos 5 sentidos de todas as letras do abecedario. Cada un de nos temos que escoller unha letra, vestirnos de piratas como Puntillas e xuntos, nas nosas casas, atopar o tesouro desa letra. Un tesouro que ten algo que se pode ver, algo que se pode oler, algo que se pode tocar, algo que se pode escoitar e algo que se pode degustar. E todo comeza pola mesma letra… a letra que nos escollamos. Nora foi a primeira que escolleu Puntillas para buscar o tesouro, e ela escolleu a letra “N” porque é pola que empeza o seu nome e gustalle moito.

Sorte Nora!!


jueves, 26 de noviembre de 2015

Terceira sesión de matemáticas larpeiras... con sugus!!

Hoxe fixemos a terceira sesión de MATEMÁTICAS LARPEIRAS!! Como nos gustan!!! Esta vez para traballar cantidades parciais e totais, o control motriz debuxando a figura cadrada, a clasificación por cores e a organización do espazo de traballo.

Repartirmos unha manchea de sugus a cada equipo, e a primeira tarefa foi clasificar por cores e contar cantos sugus había de cada cor. Despois representárono gráficamente, tarefa non doada, xa que supón unha organización do espazo para transmitir axeitadamente a información.
E para os máis atrevidos, sumar todos os parciais para ver cantos sugus había en total na mesa.
Todo un reto, pero moooi divertido!! E delicioso!!

Aquí van algunhas mostras do traballo que fixeron estas super abelliñas!!


Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
This slideshow design generated with Smilebox

Pulpitorta!!!

Riquísima pulpitorta trouxo Antía esta semana ao cole!! Mmmmm... Graciñas!!!!

Os mapas dos piratas.

Os coelliños estivemos aprendendo cousas dos mapas dos piratas: onde os facían, con qué escribían e debuxaban neles, que debuxaban e porqué. E aproveitamos o papel reciclado que fixemos no obradoiro para facer o noso propio mapa.



 Tamén estivemos agochando tesouros, interpretando mapas e buscandoos. Pasámolo moi ben!!

 

lunes, 23 de noviembre de 2015

Estivo na escola a familia do...Capitán pirata Cadavedo!!!

A pasada semana, tivemos no cole a unha familia de piratas. Pepe Cadavedo o avó de Vera veu con Sandra, para falarnos dun dos seus antepasados que foi pirata de verdade.
Chamábase o “Capitán Cadavedo” . Ía No  seu barco que se chamaba o imbencible e aínda que era moi fiero, tiña unha debilidade… os nenos e nenas aos que convidaba a viaxar no seu barco para levalos a unha illa que tiña chea de xoguetes para eles.
Pero ademais da historia, tamén trouxeron un mapa do tesouro co que atopamos un que levaba moito tempo agochado na nosa escola… e nos sin sabelo!!!

Pasámolo xenial!!! Graciñas Pepe, Sandra e Vera.






Ana, Roi e a historia do capitán Calabrote!!!

Ana e Roi contaron e representaron para nos, unha sesión de contacontos moi divertida coa historia do pirata Calabrote. Non faltaron detalles, as voces, andares, vocabulario, vestimenta e decorados eran de verdadeiros piratas. Pasámolo xenial!!!

Logo, da man de Ana e coa axuda das profes, tivemos un obradoiro onde construimos o noso propio pirata e cando rematamos, xogamos ás abordaxes, pelexando con eles. Foi unha maña chea de traballo e moita moita diversión. Graciñas Ana!!!


Himno do Celta en LSE

Outro fermoso traballo de AZ Lingua de Signos, da man de Aránzazu, Erea e Andoni. E por suposto, os nosos peques que son uns artistas!!

sábado, 21 de noviembre de 2015

Parabéns Antón!!




O novo traxe de Rosalía

Así de guapa temos agora a Rosalía con esta cola de serea que lle fixeron Rodrigo e a súa nai!


Visítanos Álex, papi de Antón, para explicarnos moitíiiiisimas cousas sobre os polbos!

É unha sorte poder aprender da man dos expertos. Graciñas Álex!!!


Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
Create a free photo slideshow

martes, 17 de noviembre de 2015

Ana e Eva, unhas nais piratas nun obradoiro dun barco!!

Este días, tivemos no cole a visita dunhas nais moi piratas que chegaron cagadas de tesouros. A capitana Ana, nai de Tiago e a grumete Eva, nai de Xana. Viron a axudar aos coelliños de cores  a facer o seu barquiño pirata. Uns  barcos  moi chulos que non se afundían na auga!!! Traballamos moitííísmo e quedaron xenial. E para rematar, no seu cofre tamén trouxeron disfraces de piratas para todos e vestímonos para xogar e facer unha foto xuntos. Graciñas mamis.


lunes, 16 de noviembre de 2015

Magosto 2015

Festa rachada!!! Un ano máis, graciñas á nosa ANPA!!


Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
Slideshow design personalized with Smilebox

domingo, 15 de noviembre de 2015

E pouquiño a pouco... medramos!!!

Aínda que pareza incrible, entre os debuxos da esquerda e os da dereita só hai uns meses de diferencia. Verdade que son fermosos? :)



Un novo amigo (ou amiga) chega á aula das abelliñas

A semana pasada recibimos unha visita na aula das abelliñas. Despois de dar varias pistas e adiviñar de que animal se trataba, por fin coñecimos a este burriño que nos acompañará este ano nas nosas aprendizaxes.

O primeiro que fixemos foi poñerlle un nome e para iso, coma sempre, despois de varias propostas fixemos unha votación. Agora BLANCANIEVES, que así é como se chama, xa está viaxando polas casas para que lle ensinedes palabras fermosas en galego. Así foi a primeira semana connosco:


Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
Customize a photo slideshow

jueves, 12 de noviembre de 2015

Obradoiro de papel reciclado!!!

Os coelliños seguimos a tope. E tivemos outra das actividades para a dinamización lingüística do galego,coa profe Diana. Mandouna o Concello de Vigo para que nos ensinaran a facer papel reciclado. Pasámolo xenial!!!
Estivemos moi atentos e fixemos a nosa propia folla de papel reciclado. Diana dixo que agora temos que esperar 3 días para poder empregala. 
¿Qué faremos con ela os coelliños piratas?


miércoles, 11 de noviembre de 2015

Papagaios piratas!!!

O longo destes días de proxecto sobre piratas, aprendemos moito sobre os papagaios dos piratas e tamén nos ensinaron moito, Lucía e Saray co que trouxeron ao cole. Por eso,  fixemos os nosos propios papagaios piratas e con diferentes recursos, ata empregamos a plastilina que fixemos no obradoiro. A verdade é que non importa con que o fagamos, son uns artistas!!!

Obradoiro de plastilina, na aula dos coelliños!!!

Hai uns días, dentro das actividades para a dinamización lingüística do galego, tivemos na clase uns profes moi especiais,  Pablo e Marcelo. Mandounos o Concello de Vigo para que nos ensinaran a facer plastilina. E fixémola seguindo as súas instruccións, dunha forma moi sinxela, con cousas que temos na casa. Foi sorprendente e moi moi divertido.

lunes, 9 de noviembre de 2015

Un barco pirata de outono!!!

O noso patio e un recurso moi especial e queremos aproveitalo en todo momento e en todo proxecto. Así foi como naceu este barco pirata de outono, coas cousiñas que atopamos nel nesta época do ano. Un barco que se move co vento, que navega sobre area, herba e follas e que ten como tripulación todo tipo de bichiños que podemos atopar nel.


Héctor xa ten 5 anos, Noraboa!!!






Monos e monas piratas!!!

Na aula dos coelliños levamos uns días xogando cunhas mascotas de piratas moi simpáticas. Monos e monas piratas que creamos. Aos que lles puxemos nomes que inventamos, tan simpáticos como : Puinci, Raspita, Lo, Adibú, etc. Cos que fixemos familias onde había diferente parentesco. Moños e monas piratas que tiñan voces moi diferentes. Aos que agrupamos por supostas idades e tamaños. Dos que inventamos e contamos historias que viviron nas súas aventuras cos piratas. En definitiva, cos que puxemos a traballar a nosa imaxinación, a nosa lóxica e a nosa lingua.







jueves, 5 de noviembre de 2015

Pequeartistas

Vaia traballo de simetría! Xeeenial!!! :)

Máis de polbos...

Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
Customize your own photo slideshow

miércoles, 4 de noviembre de 2015

Saída didáctica Afundación

Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
Free digital slideshow generated with Smilebox

Roi, Xana e André xa teñen 5 anos. Noraboa!!!!!


Alba e os barcos piratas terroríficos!!!

Hai uns días, Alba trouxo ao cole un barco pirata quenlla que nos gustou moito. Axudoulle o seu pai a facelo e dixo que puxeron esa cara e esa cola, para dar moito medo e austar aos piratas dos outros barcos. Así comezamos a pensar en facer un barco parecido para todos nos e rematamos facendo estes barcos terroríficos, que parecen animais e que asustaban mordendo, rabuñando, ladrando, ruxindo, gritando,... uns barcos moi orixinais, chulos e sobre todo...TERRORÍFICOS!!!







Alex xa ten 5 anos. Noraboa!!!

domingo, 1 de noviembre de 2015

Samaín 2015

Unha semana terroríficamente divertida! Obradoiros de manualidades, de cociña, contacontos, baile, festa, exposición de cabazas, disfraces...


Saída ao Museo Liste

E para rematar a semana de Samaín, visitamos o Museo Liste:


Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
Make a free slideshow design

LinkWithin

Related Posts with Thumbnails