jueves, 29 de octubre de 2015

Xana, Eva e "O pirata pata de lata".

Hai uns días, estabamos tranquilos na nosa aula, cando escoitamos fora voces que parecían dun pirata. Asustámonos un pouco polas cousas que dicía e como falaba... pero resultou ser unha nai pirata, Eva a nai de Xana. E cando as dúas estaban vestidas de piratas, xuntas contaron o conto que escribiu o noso amigo Ramón Trigo. "O pirata pata de lata". Eva lendo o conto, pero Xana...sabíao de memoria!!!!! 


E despois, dunha sesión de contacontos xenial, deixáronnos os seus traxes de piratas para que xogaramos con eles no recuncho dos disfraces. Graciñas amigas piratas!!!!


lunes, 26 de octubre de 2015

Así foi a presentación do barco pirata de Xana!!

Hai uns días, Xana trouxo ao cole o seu barco pirata. Un barco enorme!!! e con ela vimos e aprendemos unha chea de cousas : a ancora, as velas, a torre de vixía dende onde o grumete ou o loro gritaba: terraaa a vistaaaa!.


Tamén, ensinounos a tripulación, os camarotes e a bodega onde levaban aos prisioneiros e os tesoros... e os cañóns cos que nos votou algún cañonazo. Unha profe xenial, cunha memoria que non esqueceu nada do que lle sabía e lle ensinaron na súa casa!!!

Un xogo de mascotas de piratas.

Para non esquecer os nomes das mascotas que levaban os piratas, xogamos con este twister silábico. Pasámolo tan ben, que xa pensamos en novos nomes para seguir xogando: de nomes de piratas, de cousas que levan os piratas, de nomes de barcos piratas, etc.


jueves, 22 de octubre de 2015

Xoán xa ten 5 anos. Noraboa!!!

Hoxe celebramos o aniversario de Xoán dunha forma diferente e entre todos fixemos unha super tarta para celebralo... foi moi divertido e os sugus estaban... boísimos!




miércoles, 21 de octubre de 2015

Perruqueiros de árbores

Hoxe tocou sesión de perruquería... pero ás árbores do cole! Mirade que bo público tiñan os traballadores. E con animación incluída!




A pesca de Rosalía!

Agardábamos impacientes a pesca de Rosalía... E mereceu a pena a espera!! Mandounos un paquetiño moi pechado e primeiro experimentamos cos sentidos a ver qué habería dentro: cheiraba a praia, a mar, a sal, a peixe... Non se escoitaba ningún sonido dentro do paquete... Pesaba un pouco...
Despois abrímolo e... woww!!! Moi bo traballo, Rosalía!! Que sorpresa!!


Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
This picture slideshow created with Smilebox


Puidemos ver "en directo" as partes do polbo que estamos traballando: os tentáculos, os ollos, o sifón, a cabeza, a boca, as ventosas... Comprobamos que realmente é un animal invertebrado, porque amasamos e amasamos e non atopamos ningún óso... Tamén vimos que era suave e que estaba frío. E queríamos colgalo do teito para que lle fixera compañía ao que trouxo Xosé, pero despois de pensalo un tempiño decidimos que non era moi boa idea... :)

Ademáis, seguen chegando sorpresiñas da casa, sodes uns artistas! Mil graciñas por todo o que estades a colaborar!!

Continuamos!!

Os coelliños son pequeprofes contando e ensinando cousas de piratas.

Os coelliños xa sabemos que todos e todas temos moito que ensinar e compartir e así, xuntos, é máis doado aprender cousas de piratas: tipos de barcos, bandeiras, mascotas que levan, cousas que precisan no seu traballo, curiosidades, etc. Son uns profes xeniais!!






martes, 20 de octubre de 2015

Mirade que xogo de cartas fixo Roi no recuncho das invencións. Un artista!!

Roi é un artista e encantalle ir ao recuncho das invencións. Hoxe sorprendeunos con este xogo de cartas de coches. Dixo que ía darllo ao seu pai para xogar con el. Fixo  e recortou os rectángulos, debuxou os coches e logo recortou as cartas pola metade. Cando rematou explicounos como se xogaba e pediume que lle axudara a facer a caixa para non perdelas. Así dámoslle á nosa cabeciña...


domingo, 18 de octubre de 2015

Xoel xa ten 3 anos!



Rosalía xa está na súa misión!

Como acordamos na clase, o venres Rosalía foi á praia da Punta e alí quedou toda a fin de semana para levar a cabo a súa misión... A ver se conseguimos que nos traia algunha sorpresiña...






Cousiñas que as ras trouxeron da casa para ensinar




As ras de 3 anos!

Esta é Mónica, a mascota das ras de 3 anos:



Que sabemos das ras?


Seis ras pequeniñas visitan a escola:




Bibliotecarios


viernes, 16 de octubre de 2015

Bandeiras de piratas, bandeiras de medo!

               Hai uns días, Xana trouxo ao cole unha bandeira pirata. Unha das preguntas que xurdiron na conversa foi por que os piratas poñen calaveras e osos nelas, e a conclusión foi que lles gustan e tamén, por que queren dar medo á xente.
               A partir de ahí traballamos co medo: como nos fai sentir por dentro, que fai o noso corpo cando o sentimos, que lle pasa á nosa cara, etc. Para lembrar, falar e compartir medos, foinos de moita axuda o conto que trouxeron Anxo e Nora  titulado “O gran libro dos medos do rato pequeno”. E pensando no que nos da medo a nos e no que poñeríamos na nos bandeira se fósemos piratas, fixemos bandeiras para dar medo, cheas de lobos, morcegos, pistolas, oscuridade, soledade, bruxas… 

Un disfrace de pirata para todos e todas!!

miércoles, 14 de octubre de 2015

Primeira sesión de Matemáticas Larpeiras

Hoxe fixemos a primeira sesión de MATEMÁTICAS LARPEIRAS, pero segurísimo que é a primeira de moitas porque o cerebro funciona moito mellor sabendo que logo haberá recompensa. Ñaaaammmm!!!

Onde haberá máis? Onde haberá menos?



Agora, un pouquiño máis difícil e traballando en equipo! Primeira decisión complicada: que membro do equipo vai escribir a resposta do grupo no papel? Despois de debatir e decidir. Comezamos!
Cantos gusanitos hai no prato?
Cada equipo o expresou gráficamente empregando as súas estratexias, todas diferentes e todas válidas! Ainda que nalgún equipo non houbo acordo, como podedes ver...


E agora xa o dificilísimo... cantos gusanitos haberá no vaso pequeno? Aquí xa non serve contar, temos que imaxinar, pensar, reflexionar... Demasiado difícil para facelo en equipo. Esta vez as respostas foron individuais, todas estupendas!!!

- Algúns aventuráronse a escribir unha cantidade (todas maiores que 4, por suposto!)


- Hai números realmente xeniais, coma estes:

24

100

- Outros empregaron estratexias máis gráficas, todos tiñan claro que había moitos gusanitos! Será que xa era case hora de xantar? :)




E despois de tanto pensar,
nada mellor que unha boa manchea de gusanitos!!





Días de outono




Máis sorpresiñas que chegan a clase!!

Polbiños sorpresa que aparecen pola mañá!



E con actividade incluída... por qué o disfrace de Xabi solo ten 6 tentáculos? El mesmo explicou a resposta, "porque eu teño dúas pernas!" Entón...




Abelliñas traballadoras que enchen a aula de traballiños que fan na casa!




E Rosalía xa preparadísima para mergullarse no mar e a ver se apaña algo...





Coma sempre... mil graciñas a todas as familias por alimentar a motivación dos peques!

jueves, 8 de octubre de 2015

LinkWithin

Related Posts with Thumbnails