Another free slideshow design by Smilebox |
lunes, 23 de junio de 2014
Graduación Koalas!
Perdoade pola calidade das fotos e porque haxa tan pouquiñas! Foi un día moi acelerado!
Create a picture slideshow |
Jumping Clay!
Aquí tedes algunhas das cousiñas dos nosos artistas de Jumping Clay!
A picture slideshow by Smilebox |
Expertos conductores
Antes de acabar o noso proxecto dos coches, a mamá de Héctor veu a contarnos como sacou o carnet de conducir!
domingo, 22 de junio de 2014
A torta koala
Unha das actividades mellor valoradas polos koalas na avaliación que fixemos de todo o ciclo foi a COCIÑA. Así que decidimos facer unha última receita antes de marchar ao cole dos maiores. Por unanimidade absoluta decidimos facer unha torta de despedida, para festexar cos nosos amigos de 3 e 4 anos que xa somos moi maiores e comeza unha nova aventura para nós: o paso ao cole dos maiores.
sábado, 21 de junio de 2014
miércoles, 18 de junio de 2014
lunes, 16 de junio de 2014
viernes, 13 de junio de 2014
Visita!
jueves, 12 de junio de 2014
miércoles, 11 de junio de 2014
Graciñas Noemí!
Vaia obras de arte comestibles fixemos onte coa nai de Zoe!! Graciñas por unha tarde tan xenial!
Obradoiro de galletas coa nai de Zoe from Tegriña on Vimeo.
Obradoiro de galletas coa nai de Zoe from Tegriña on Vimeo.
martes, 10 de junio de 2014
domingo, 8 de junio de 2014
Traballo cooperativo e descripcións
Unha das cousas que máis intentamos traballar este ano os koalas foi o TRABALLO COOPERATIVO, porque é moi importante para a vida en moitos aspectos: aprender a organizarse, a tomar decisións en equipo, a respectar o punto de vista dos outros, a organizarse, a debatir e chegar a conclusións… A deixar un pouco en segundo plano o EU e tomar conciencia do NÓS.
Esta actividade pode parecer moi sinxela, pero en realidade non o é tanto. Por parellas debían elixir unha foto dun coche (costoulles bastante coordinarse para elixir a mesma) e, despois de observala moi ben, describir a imaxe e decorar o fondo.
Fixémola dúas veces o mes pasado, variando as parellas, e a forma de traballar en cada equipo foi moi diferente: dende os que se organizaron perfectamente na tarefa compartindo responsabilidades e opinións, ata os que delegaron totalmente no compañeiro, pasando por algúns que tiveron dificultades para resolver as diferenzas de opinión.
Descripciones from Tegriña on Vimeo.
sábado, 7 de junio de 2014
Na aula dos coelliños, as apps de Tiggly, son todo un éxito!!!
Dende hai uns días, temos uns novos xogos do i-pad que son un éxito na nosa aula. Son as apps de TIGGLY e o seu set de 4 figura xeométricas, que lles permiten interactuar co i-pad. Con elas temos divertidas, creativas e sorprendentes actividades que fan que o i-pad, estea aínda máis solicitado. Mirade, como xogamos!!
Publicouse o primeiro libro-disco de Golfiños: "Té, chocolate, café". É precioso!!!
Elena Paz, Xosé Liz e Diego Paz son os compoñentes do grupo Golfiños. "Te, chocolate, café" é unha proposta para xogar con cantigas, brincadeiras e aloumiños.
Trátase dun libro-CD para nenos e nenas de infantil, onde os pequenos e pequenas disfrutan con 30 minutos dunha viaxe sensorial a través de palabras, arrolos, música, poesía de todo o mundo.
Sin dúbida é un álbum que todos temos que ter. Agarimoso, divertido e cunhas ilustracións preciosas para gozar en familia.
jueves, 5 de junio de 2014
O coche de Luci!
O coche que trouxo Luci axudarános a sacar o carnet de conducir: fixo tamén todas as sináis de tráfico!
miércoles, 4 de junio de 2014
martes, 3 de junio de 2014
Clase de Educación Vial!
Hoxe viñeron a vernos dous policías xeniais que nos ensinaron un montón de cousas!
Customize your own free photo slideshow |
lunes, 2 de junio de 2014
O gran ovo de chocolate de Elena.
Hai un días, Elena trouxo un gran ovo de chocolate que lle regalaron a ela, para compartilo con nos no cole. Viña cun pequeno burato que fixo o seu pai, ao que lle encanta o chocolate… Dixo que era para moitos días, porque si non nos pode doer a barriga. E tamén, que o tiñamos que comer cando nos portaramos ben. E como estamos portándonos xenial… pois xa o probamos e dúas veces, porque está boísimo.
A Caravana de Aitana!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)