sábado, 28 de septiembre de 2013

EquIPADos


Xa sabedes que na nosa escola apostamos forte polas novas tecnoloxías (ordenadores, encerados dixitais, iPads...). Así que, cando chegou ás nosas mans esta convocatoria do Premio de Innovación Educativa GSDInnova decidimos presentar o noso proxecto: EquIPADos, para dar a coñecer cómo traballamos coas TICs en Educación Infantil.


Recordade que podedes votar o noso video entrando en GSDInnova e, á dereita, en "publicaciones recientes de otros", buscade a publicación feita pola EEI Monte da Guía. Veña, veña, que o premio son máis cartiños para seguir invertindo en tecnoloxía para os vosos peques!!!!!

viernes, 27 de septiembre de 2013

Rematamos o Período de Adaptación!!!!

Acabouse un período de adaptación moi especial. Aquí tedes unha mostra das cousas que fixemos e podedes comprobar que os pequenos e pequenas gozaron un montón na que, dende o primeiro día foi a súa escola. Grazas familias pola vosa colaboración. A vosa axuda e o respecto polas normas que tivemos nestes días, foi decisiva. NORABOA POR ESTE ÉXITO DE TODOS E TODAS!!!

Psicomotricidad cos de 3 anos!

Os de tres xa facemos circuitos!!! Probamos a manter o equilibrio, subimos e baixamos escaleiras, rodamos, agachámonos...

Traballando as emocións en Atención Educativa

"Qué día es hoy?"- preguntó Pooh.
"Es hoy"-dijo Piglet.
"Mi día favorito"

Que bonito, verdade??? En Atención Educativa comezamos a traballar as emocións; os de catro e cinco contamos o noso día favorito; tivemos un montón de respostas divertidísimas!
-"Cuando pesco rapantes por la noche".
-"El día que vea la nieve".
-"Cuando le cortaron la barriga a mi mamá y nací yo".
-"El día que ponen las Monster High!!!!"
e miles de respostas máis...
Mentres os de tres traballamos emocións mediante as cores! Cores que nos fan sentir contentos!

Saímos na Voz de Galicia!


domingo, 22 de septiembre de 2013

Exploradores...


Adiviñades qué fixemos algúns dos koalas nun dos primeiros recreos deste ano?

viernes, 20 de septiembre de 2013

Saímos no Faro de Vigo!

Hoxe no Faro de Vigo, como exemplo de escolas que continúan co Plan de Mellora de Bibliotecas.

Algunhas fotos do período de adaptación

English!

Como nos pintaron un muro tan chulo e aproveitando o proxecto de Voz Natura "Con ollos de peixe", ademáis dos Animais que estudaremos este trimestre...en Inglés xa nos imos poñendo as pilas! "Sharing Shell" to learn animals under the sea!
 

Cookie and Witchy! Our friends in English lessons!

                           

Primeiros días de cole na clase de 4!

martes, 17 de septiembre de 2013

Noticia!!!!!!

O noso ANPA conseguiu 50 entradas para ver o partido do Celta do próximo domingo! As entradas serán para os membros do ANPA. Queredes optar a elas? Anotádevos no taboleiro do cole!



O novo muro do cole! A que quedou chulo?








Comezamos o curso xa con un cumple! Felicidades Anthony!


sábado, 7 de septiembre de 2013

Aí vén a conta atrás! e na escola comezamos con boas noticias!

Queda moi pouquiño para comezar o cole! E dende a escola xa temos moita enerxía... Enerxía que nos deu o libro Xabarín18 que xa temos nas nosas mans! Moitísimas grazas a todos os colaboradores/as por facer posible un soño!
Para os que aínda non saibades o que é Xabarín 18, aquí vos deixamos un pequeno resumo do no noso proxecto:
Todo comeza en Xaneiro de 2012, cando a EEI Monte da Guía e o CEP Sequelo de Marín nos enteramos que no mes de Abril, o noso Xabarín, cumpriría 18 anos...que decidimos? pois facerlle unha festa na escola a este gran animaliño que tanto fixo e segue a facer pola nosa lingua; a festa foi xenial (obradoiros de caretas, de camisetas, de debuxo...)!!! Tiñadesnos que ver a todos cantando as cancións en galego do programa! Foi tal a festa que ata dende o programa da TVG nos mandaron uns agasallos: CDs, camisetas paraugas, carnés de socio...; Nos, regalámoslle a Xabarín un billete de tren para que marchara de viaxe durante todo o ano (grazas as postais que mandou coñecemos lugares como Italia, Francia, Londres...); aprendimos a escribir o seu nome, a debuxalo, a saber onde vivía, cales eran os animais amigos...incluso a xogar con el no ordenador!!!....Bufff! Moitísimas cousas! Como nos gustaba tanto aprender con Xabarín, decidimos continuar e ir un chisquiño máis alá...As profes preguntámonos si toda Galicia pensaría o mesmo ca nós sobre Xabarín, así que decidimos poñernos en contacto con grandes referentes da cultura galega e que nos deran a súa opinión...e....SORPRESA!!! 26 Xaba-retratos que nos mandaron ilustradores como Ramón Trigo, Carrabouxo, Pepe Carrreiro entre outros grandes! e....MÁIS SORPRESAS!! 28 escritores e personaxes ilustres da nosa cultura nos daban a súa opinión de Xabarín!!!!Agustín Fernández Paz, Tonhito de Poi, Miguel Ángel Alosnso Diz, Juanillo Esteban, Xosé Carlos Caneiro, Suso Iglesias, Paula Carballeira, Pablo Novóa... Mentres pensabamos que facer con esta gran resposta, seguimos a traballar con Xabarín...decidimos organizar uns obradoiros no MARCO, para que algúns dos ilustradores que colaboraron nos ensinaran a súas técnicas de debuxo! Foi xenial! Ramón Trigo, Kiko da Silva, Pepe Carreiro, Uxío Couto, Augusto Metztli e Davida, fixeron para nós un fin de semana máxico.

A nosa escola xa estaba completamente Xabarinizada! Para darvos máis motivos....ata fixemos para a festa dos Maios, un dedicado a Xabarín, o famoso Xaba-maio! e así...entre "por fuciños e por cacheiras", pasounos o ano...e chegou o seguinte curso, onde aló polo mes de Decembro Xabarín marcha directo ao Culturgal en Pontevedra, para expoñerlle a outros profes de toda Galicia, o proxecto da EEI Monte da Guía e CEP Sequelo de Marín. Foi un éxito!!

Despois do Nadal, Xabarín seguía na actualidade!
Queriamos poñer fin ao proxecto, pero era imposible! Todo estaba relacionado con Xabarín! Sabedes quen veu a visitarnos ao cole? MORRIS!!! Quen mellor ca el ( a voz do mestre Mutenrohi en Son Goku) para contarnos secretiños de Xabarín! e a fin de curso que fixemos? Pois sí, unhas actuacións xeniais coas cancións de Xabarín ("Estou na lavadora", "Que calor", ou "Non todo é o que parece").

Como vedes...Xabarín cumprirá 20 anos neste mes de Abril e nós seguimos celebrando o seu 18 aniversario...Decidimos recoller toda a resposta a este proxecto nun libro e...tamén conseguido! Aquí está!!! Recén saído do forno! As profes non paramos de miralo...porque..."É UN PROXECTO CON ALMA E CORAZÓN, "QUE NOS SAÍU DE DENTRO, ALÁ DO FONDO" ".
Grazas de corazón a todos os colaboradores: escritores, ilustradores, músicos, actores, pais, nais, profes, escolas... Esperamos que o disfrutedes tanto coma nós.

Para máis info do proxecto, visitade a nosa páxina web: http://eeimontedaguia.wix.com/xabarin18

LinkWithin

Related Posts with Thumbnails