lunes, 26 de julio de 2010

O CENTRO ETNOGRÁFICO DE TERRA DE MONTES

O verán non ten porque ser únicamente turismo de praia, sempre podemos facer un oco para o turismo cultural. E para que vexades co interior tamén existe, un dos sitios que mais nos gustou foi este centro etnográfico situado en plena Terra de Montes, en Soutelo de Montes no concello de Forcarei, a uns 60 km. de Vigo. O centro está situado nunha típica casa labrega da zona e conta cunha ampla exposición permanente de obxectos que ata non fai moito eran normais en calqueira casa dos nosos pobos. Malia a non ser un museo non sentido estricto da palabra conta con distintas zonas onde poderemos aprender como era a vida é como traballaban os nosos avós, con estancias adicadas as distintas labouras tradicionais: cereiros, ferreiros, canteiros, carpinteiros, tecelás, serranchíns...

Destacar ademais a amabilidade coa que nos recibiron, a pesares de que o Museo só abre os fins de semana, non tiveron inconvinte en abrilo unha tarde e explicarnos detalladamente a utilidade de tódolos obxectos alí expostos. Se está fechado e tedes a sorte, coma nós de topar ao señor que vive ao lado da fonte cercana ao Centro, ides, grazas á sapiencia deste home que é unha auténtica Enciclopedia da cultura popular da zona, saír encantados da visita e cun mellor coñecemento do noso pasado mais recente.




http://www.cetmo.info


Como curiosidade engadida ides poder contemplar unha rareza arquitectónica situada preto do centro, un maxestuoso palacete construido nos anos trinta de estilo Modernista e con influencias da arquitectura de Gaudí. O palacete é de propiedade privada e está á venta, se algún se anima xa sabe. O prezo debe rondar os 500.000 euros...


CONTOS E COPLAS DE ESTRELAS

Seguimos traballando no noso blog, a un ritmo mais paseniño, cos calores do verán non dan para mais, e aquí vos deixamos unha recomendación musical e didáctica con este libro-CD maioritariamente interpretado polo grupo folk Adonairare do que forman parte Luis Prego (vocalista do grupo vigués Ardentía) e Ana Ulla, a astrónoma que durante o primeiro trimestre nos visitou para falarnos sobre os planetas.

lunes, 5 de julio de 2010

UN DÍA NA GRANXA

Tardar somos ben tardóns á hora de elaborar as nosas reportaxes gráficas (sobre todo se levan vídeo). Algúns de vós xa sabedes o duro que é o traballo da montaxe dos vídeos e este resultounos mais porque queriamos darvos unha imaxe fiel de todo o que aconteceu e de todo o que os nenos aprenderon na saída á Granxa Serantellos. Se unha palabra vale mais que mil palabras imaxinádevos o que valen miles de imaxes, decirvos ca reportaxe chega aos 20 minutos e deberían ser mais pero a maquinaria coa que contamos non da para mais. Ese tempo foi cortado en seis capítulos para un mellor aceso aos mesmos


Chegada á Granxa




Cos animais



Na horta



Facendo pan



O sitio do noso recreo



E rematamos coa opinión dos nosos expertos...

CHEGA O VERÁN

Versionando aos Siniestro Total por fin chega o verán, e dende aquí queremos desexarvos que o pasedes estupendamente ben. E se os Siniestros iban á Samil, nos queremos recoméndarvos un paraíso natural que tedes ao fondo da ría, diante dos vosos narices, as Illas Cies: praias virxes de fina area branca, rutas de sendeirismo que enlazan as praias co faro, acantilados rochosos.... Seguro que moitos de vós xa as coñecedes e seguro cos nenos disfrutarán como ananos coa viaxe no barco de liña que diariamente sae de Vigo. Antes de irnos nós tamén de vacacións blogueiras (ou non) queremos que pasedes un bo verán para que cando empece o cole veñades con máis ganas de traballar se cabe.

jueves, 1 de julio de 2010

BREVE ENCONTRO. O POETA NA SÚA VOZ

Antes de irmos de vacacións deixámosvos un anticipo do que vai ser o curso que vén, que estará marcado pola voz e pola poesía de Lois Pereiro, do que temos un exemplo claro neste poema na súa voz e que esta inspirado na película homónima de David Lean.


A COLLEITA

Como bos agricultores que somos (levámolo nas veas), moi poucas das plantas que botamos se estragaron. Este é o estado actual da nosa horta, xa preparada para a colleita.

GRADÚASE A PROMOCIÓN 2007/2010

"Neste día os nen@s escenifican o seu primeiro gran reto, o paso de Infantil a Primaria, recollendo o seu diploma de graduación en Ed. Infantil e unha orla. Canda eles, estivo compartindo ese día Sacapuntas a súa mascota que tantos momentos de traballo diario e sufrimento viviu como un compañeiro mais."

FESTIVAL FIN DE CURSO

Por fin (bo traballo nos custou) tedes dispoñible a festa rachada que fixemos para despedi-lo curso 2009/2010. Houbo momentos para a ledicia onde cantamos, bailamos, actuamos... e tamén houbo uns intres para a tristura ao ter que separarnos de alumnos e compañeiros cos que tan bos ratos pasamos durante este ano. Desexándovos a todos que o futuro (a algunhas o mais cercano) vós sexa propicio, imos ver a estes grandes intérpretes...

Chimpún

Dona Carme
Soy una taza
Quero ver como te ris
As PROFES Mamen e Sandra que se nos van
*Temos que agradecer a Nico e Miguel a súa colaboración na elaboración destes videos

LinkWithin

Related Posts with Thumbnails