domingo, 25 de abril de 2010

HORTA ESCOLAR 2010

Nesta semana ademais comezamos a prepará-la terra para elaborar a nosa pequena horta escolar. A horta é unha ferramenta didáctica que nos permite poñer en contacto aos nosos nenos, nados nun ambente urbán, cos traballos do agro ademais de desenrolar neles o respecto pola natureza.
Neste pequena reportaxe fotográfica podedes ver que tanto alumnos como mestres son verdadeiros expertos no manexo desa ferramenta tan galega como é o legón.



VISITA AO VERBUM

O pasado mércores visitamos a Casa das Palabras onde participamos nunha actividade, que protagonizada polos Bolechas, pretende achegar a historia de Vigo aos máis cativos a través dalgúns dos seus monumentos máis coñecidos. A actividade estivo dirixida por Marionetto, un personaxe que coa axuda dos nenos trata de recuperar as súas lembranzas.
Deste xeito, mentres montaban un puzzle xigante no que aparecían os lugares da cidade que conservan as pegadas da súa historia, Marionetto ía recobrando a memoria e contáballes aos nenos relatos e anécdotas dos acontecementos máis importantes que alí sucederan.


lunes, 5 de abril de 2010

VIGO POR DENTRO (XARDÍNS DE MONTERO RÍOS)

Vigo por dentro é un programa educativo municipal que ten como obxectivo achegar aos escolares vigueses, a través de visitas formativas, neste caso ao contorno da súa cidade. Esta vez a visita realizárona os nenos de 3 e 4 anos aos Xardíns de Montero Ríos.



jueves, 1 de abril de 2010

O DÍA DOS BURROS

En Galicia, como no resto de Europa, e antes de que fose sustituído polo día dos Santos Inocentes, tiña moita sona o 1 de Abril como día adicado a gastar bromas. Era o "primeiro de Abril" o día onde "os burros van onde non deben ir". A diferencia de España onde é tradición colgar un moneco de papel, en moitos países de Europa cólgase un peixe. Así en Francia ao 1 de Abril chámaselle o día do peixe e en Inglaterra é o April´s Fool Day


LinkWithin

Related Posts with Thumbnails