miércoles, 26 de noviembre de 2008

Os disfraces das follas

No outono, as follas de moitas árbores caen ao chan, pero nós aproveitámolas para moitas cousas. Esta semana os nenos e nenas de 3 anos, disfrazaron as follas de moitas cousas: animais, bailarinas, ...




¿Gustanvos os disfraces das follas?

Os nomes de 4 anos

Xa sabedes que no noso cole somos moi traballadores e traballadoras, e o outro día os nenos e nenas de 4 anos estiveron traballando coa plastilina e cos seus nomes. Este foi o resultado.



¿Que vos parece?

viernes, 21 de noviembre de 2008

O MURAL DO OUTONO

E seguimos a voltas co outono. Xa sabedes que no noso cole temos un patio moi chuli que nos permite vivir o outono e os cambios que se dan na natureza, a pesares de estar nun cole do casco urbano de Vigo.
Estes días os nenos e nenas de 5 anos fixemos un mural do outono.



Primeiro a profe colleu un papel azul moi grande e, despois, nós pintamos a herba de cor verde.

A continuación, fixemos estampacións empregando as vocais e algunhas cores do outono: marrón, amarelo e laranxa. E pegamos follas, moitas follas.




Tamén fixemos nubes, pois no outono adoita chover bastante.




E para rematar colocamos o sol e algún cogumelo.

¿A que nos quedou bonito?

Ao día seguinte Sergio trouxo unha espiga de millo, era amarela, e despois de observala escribimos o seu nome.









¿Que vos parece?

¿A que aprendemos moitas cousas?

jueves, 13 de noviembre de 2008

OS SACAPENAS

"Os bonecos sacapenas teñen a súa orixe en Guatemala. Dende hai moitos anos, os nenos guatemaltecos fabrican estes bonecos con pauciños de madeira e restos de teas e fíos. Pola noite, á hora de se deitar, cóntanlle unha preocupación a cada un deles e póusanos debaixo da almofada. Deste xeito os nenos espertan á mañá seguinte sen preocupacións. Este costume xa está espallado por distintas partes do mundo."



Este texto está na última páxina do libro da foto. Foi un libro que lemos na clase de 5 anos,e como nos gustou moito, acordamos facer uns bonecos sacapenas.

Non os fixemos con paus, senón con papel,e ainda que non son como os que fan os nenos e nenas de Guatemala, a nós gustounos como quedaron.
Aí vos deixamos as fotos.
















¿Gústanvos?

domingo, 9 de noviembre de 2008

O magosto






O xoves algunhas nais estiveran preparando uns vestidos coas castañas que nós pintáramos.


Xa o venres, mentres nós estabamos na clase coas profes, Ceferino e José, axudados por algunhas nais, fixeron unha fogueira e empezaron a asar as castañas.



Ao redor das once e media saimos nós ao patio e empezamos a comer castañas, mentres eles seguian asando máis.


A partir das doce, empezaron a chegar algunhas nais, pais, avós,..., que celebraron o magosto con nós.

Despois das castañas aínda nos quedaron ganas de comer un anaco de biscoito, unhas patacas fritidas, gusanitos e algunhas cousas máis.
Pasámolo superben.

Graciñas a todos e todas os que colaborastes para que a festa fose guai: as nais que fixeron os vestidos, aos que asaron as castañas, as familias que mandastes cousas para a merendola, e a todos e todas os que puidestes disfrutar con nós da festa.


Visitounos a profe Marta



O mércores recibimos unha visita sorpresa, a profe Marta. Cando chegou quedamos todos e todas calados, preguntaramos moitas veces por ela ás outras profes e agora que estaba alí non sabiamos que dicir.


Ademais estaba máis gorda que ao remate do curso pasado, pero non porque tivese comido moito, non, é porque está embarazada, ¡e de xemelgos!


Ensinounos unha foto do seu fillo e da súa filla. A foto non era como as nosas, e víanse un pouco raros, pero gustounos moito. O que non acabamos de entender foi como lle puideron facer as fotos. Xa llo preguntaremos outra vez que volva.

viernes, 7 de noviembre de 2008

Os froitos de outono en infantil de 3 anos

Na aula de tres anos fixemos unha exposición de froitas de outono, despois de falar das súas características ; a cor , a textura , o sabor , etc. Recoñecémolas polo tacto . Aprendemos algunha poesía, cantamos cantigas , adiviñas . Finalmente fixemos unha macedonia de froitas e degustámolas todos ( uhmmm que ricas).

A Mandarina
" Que rica é a mandarina! ,
que ben se lle quita a pel !,
saen un montón de gajos,
e é doce coma o mel.
Cando mamá ma dá ,
eu teño que comela,
favorece a saude
e axúdame a medrar. "




martes, 4 de noviembre de 2008

NO CAT

Hoxe fomos de visita ao CAT (Centro de Artesanía Tradicional) de Vigo. Cando baixamos do autobús chovía un pouquiño e as profes dicíannos que non nos metesemos nos charcos, pero era tan divertido ...




Vimos un tear, e Andrea explicounos que era para facer teas , e un dos materiais que empregaban era o liño. Aquilo pareceunos un pouco raro pois nós pensabamos que as teas xa estaban feitas e a roupa mércase nas tendas, pero parece que non sempre foi así.




Tamén teñen moitos cestos, cada un co seu nome. Ademais vimos como traballaba un cesteiro.



Tamén aprendemos que os oleiros traballaban con barro para facer xerros para o viño, botellas de auga para quecer os pés na cama, un cacharro para facer queixo, e máis cousas.
Nós tamen fixemos de oleiros e traballamos con barro. Puxemos uns mandís cos que estabamos moi guapos e guapas, e fixemos unhas cuncas. Para iso primeiro tiñamos que facer a base, e despois con churros iamoslle facendo os laterais. Algunhas quedaron moi chulis, outras un pouco esparramadas, pero todos e todas traballamos moito. Ah! tamén nos manchamaos bastante.





domingo, 2 de noviembre de 2008

DO SAMAIN AO MAGOSTO


Pois xa paosu a festa do samaín, e xa recollemos as cabazas, pero logo ven o magosto. Celebrarémolo o venres 7 de novembro.
¿A que teñen boa pinta?

sábado, 1 de noviembre de 2008

O SAMAÍN

Onte celebramos o samaín, e pasámolo moi ben. Ademais tivemos unha sorpresa, ¿sabedes cal?

Pois iso, visitounos o profe Jacobo, e xa vedes o contentos que nos puxemos.

A Jacobo gustoulle moito a decoración do cole, ¿que vos parece a vós?






A exposición de cabazas reultou moi chula, ¿ou que opinades vós?




Pero fixemos máis cousas, os de 3 anos fixeron unha palliñas morcego que daban medo, os de 4 anos enchéronnos o cole de arañas, cortinas de medo,e mais cousas (as fotos de arriba son do seu traballo), e os de 5 anos fixeron unhas para gardar as súas cousas. Ademia había bruxiñas e bruxiños polo cole que asustaban a calquera. ¿querédelos ver? Pois aí van:


LinkWithin

Related Posts with Thumbnails