Ahí vai unha adiviña moi fesquiña para darlle a benvida ao inverno, que xa leva algúns días connosco...
jueves, 27 de diciembre de 2007
sábado, 22 de diciembre de 2007
viernes, 21 de diciembre de 2007
Así foi o ensaio...
Saíu mellor a actuación en directo, pero así vedes como eran os ensaios...
¿QUÉ VOS PARECEU A CORAL MONTE DA GUÍA?
Como sabedes esta foi unha semana de moitas emocións para tod@s: o mércores recibimos a visita do Carteiro Real, hoxe venres celebramos a Gran Festa de Nadal, visitounos Papá Noel... Temos moitas fotos, pero colgarémolas pouquiño a pouco.
Hoxe na nosa actuación tivemos un público magnífico, case temos que colgar un carteliño de "Aforo completo". Os profes queremos darvos as gracias a todas as familias pola vosa participación e polas vosas palabras. A verdade é que da gusto traballar así.
Antes de rematar, unha PETICIÓN: a fotógrafa de hoxe non era moi profesional e algunhas fotos d@s nen@s con Papá Noel non saíron moi ben. ¿Alguén ten estas fotos e pode envialas por e-mail?: Matías, Pablo Comesaña, Ainhoa e Lois de 3 anos; Nelly, Nico e Noelia de 4 anos; Bruna de 5 anos. Podedes envialas a minimarta@edu.xunta.es ¡Graciñas!
¡Por certo! Aínda que estamos de vacacións non deixedes de visitarnos, porque Tegriña seguirá dando sorpresas estes días. ¡¡¡Moitos biquiños e Felices Festas!!!

martes, 18 de diciembre de 2007
¡¡¡EXCLUSIVA!!!
Despois de duros ensaios durante todo o trimestre, os profes-bailaríns da EEI Monte da Guía por fin conseguimos perfeccionar esta coreografía que vos dedicamos a todos con moito cariño.
¡Xa sabedes! ¡Animádevos a bailar e deixádenos aquí os enlaces!
¡Bicos!
¡Xa sabedes! ¡Animádevos a bailar e deixádenos aquí os enlaces!
¡Bicos!
viernes, 14 de diciembre de 2007
Preparando as Cartas...
Papá Noel e os Reis Magos están á volta da esquina. Chega o momento de facer o repaso anual, pensar se fomos bos/boas e preparar as nosas Cartas.
Ás veces, Papá Noel e os Reis Magos pasan polos coles e falan cos profes para ver cómo se portaron @s nen@s. ¿Xa sabedes o que queredes pedir?
¡CONTÁDENOS AQUÍ O QUE VOS GUSTARÍA
QUE VOS TROUXERAN!
QUE VOS TROUXERAN!
jueves, 13 de diciembre de 2007
Visitamos a Exposición de Picasso
Hoxe por fin visitamos a tan esperada Exposición de Picasso na Fundación Barrié que, por certo, ¡foi un éxito!
Para os máis peques era a súa primeira saída, así que houbo emocións de todo tipo: nervios, alegría... e tamén algunha lágrima polo medo ao descoñecido.
A viaxe en bus foi moi divertida: pasamos polas casas dalgúns nen@s, iamos vendo a decoración de Nadal das rúas e os escaparates...
Pronto chegamos ó noso destino. Estabamos impacientes por ver os cadros de Picasso. Como eramos moitos, dividímonos en dous grupos para ver a exposición moi caladiños e con moita atención, xa que as monitoras explicaron cousas moi interesantes.
Despois fixemos uns debuxos con rotuladores e puxémolos nunha luz para formar un cadro xigante.
Aquí tedes unha pequena mostra para que vexades cómo foi o día. Esperamos que vos guste ;)

miércoles, 12 de diciembre de 2007
Actividades no Centro Comercial Camelias
Este Nadal o Centro Comercial Camelias organiza algunhas actividades e obradoiros para @s peques. Deixámosvos aquí o calendario por si vos interesa algunha:
DECEMBRO:
- Sábado 15: Vidrieiras de Nadal
- Domingo 16: Adornos para a árbore
- Venres 21: Marca páxinas
- Sábado 22: Cadros de Nadal
- Domingo 23: Carta-debuxo a Papá Noel
- Luns 24: Centros de mesa infantil 1
- Mércores 26: Móviles colgantes de Nadal
- Xoves 27: Obradoiro de guirnaldas
- Venres 28: Bonecos inocentes
- Sábado 29: Axendas decoradas
- Domingo 30: Gorros de festa
- Luns 31: Centros de mesa infantil
XANEIRO
- Mércores 2: Botes portalápices decorados
- Xoves 3: Coroas de Reis e Raíñas
- Venres 4: Carta-debuxo para os Reis
- Sábado 5: Caixiñas para os agasallos
Se alguén se anima, xa nos contaredes qué tal ;)
lunes, 10 de diciembre de 2007
¿Qué será, será...?
Aquí tedes un super puzzle sorpresa.
Se consigues facelo deixa unha mensaxe e dinos cal é o debuxo escondido. ¡¡¡Sorte!!!
Se consigues facelo deixa unha mensaxe e dinos cal é o debuxo escondido. ¡¡¡Sorte!!!
jueves, 6 de diciembre de 2007
6 de Decembro: Día da Constitución

Hoxe é o Día da Constitución, e onte no cole falamos dos nosos DEREITOS, dos nosos DEBERES, e tamén dalgunhas NORMAS que todos temos que cumplir. Con algúns contos clásicos quedounos moi claro que...
- Carapuchiña Vermella non ía á Escola. Con ela aprendemos que todos temos dereito á educación, e na escola temos que prestar atención.
- Os Tres Porquiños case quedan sen casa. Todos temos dereito a un fogar e nel temos que colaborar.
- O Patiño Feo era discriminado por ser diferente. Temos dereito a vivir en paz, debemos ser amigos e non pelexar.
- O Soldadiño de Chumbo rompeu unha perna. Todos temos dereito á sanidade, e debemos coidar a nosa hixiene corporal.
- E máis cousas importantes... Temos dereito a xogar, pero debemos as normas respectar... Temos dereito a dar a nosa opinión, e debemos escoitar con educación...
Tedes algúns recursos interesantes na páxina da Junta de Castilla y León e do Parlamento de Canarias.
lunes, 3 de diciembre de 2007
Cousiñas de Nadal...
Suscribirse a:
Entradas (Atom)