viernes, 30 de noviembre de 2007

Profe Jacobo... ¡¡¡sorpresa!!!


Esta mañá @s nen@s de 5 anos tiñan unha sorpresa para o profe Jacobo, algo que estaban preparando dende hai mooooito tempo e tiñan o segredo moi ben gardado.
Como sabedes, Libriño é a mascota da nosa biblioteca. Pois ben... estes artistas e a profe Chus pintárono, puxéronlle medias, zapatos, lentes... ¡Deixárono guapísimo e puxérono na biblioteca! ¡Fixádevos qué ben lles quedou!
Despois, con todos os nervios e a emoción do momento, chamaron ó profe Jacobo para darlle a sorpresa.
Aquí tedes o video, ¿qué vos parece?

¡¡¡Felicidades Iria!!!

Hoxe Iria cumple 3 anos e, coma sempre... SUPER FESTA NO COLE. ¿Queredes ver as fotos? ¡Aquí están!

¡Xa está aquí a pista de xeo!

Mañá sábado ás 17.30, inaugúrase a pista de xeo no parque de Castrelos (nas instalacións do auditorio), e estará instalada ata o 29 de Febreiro.
Sonia Lafuente (campiona de España Júnior e medallista internacional) e Javier Fernández (campión de España Júnior) farán unha exhibición de aproximadamente 20 minutos.

Tedes máis datos na páxina web do Concello

Xa sabedes, se alguén se anima a patinar, que nos conte a experiencia que será divertidísimo ;)

jueves, 29 de noviembre de 2007

Xoguetes seguros


Agora que chega a época dos regalos e os xoguetes, é importante ter en conta algunhas RECOMENDACIÓNS do Instituto Galego de Consumo:
- Observar se é axeitado para a idade d@s nen@s.
- Comprobar que leva a marca CE, que indica que o xoguete é seguro .
- Comprobar a etiqueta e ler as instrucións, con especial atención a advertencias de riscos e indicacións de seguridade.
-Conservar as instrucións, a garantía e os tickets de compra.

Debemos EVITAR:
- Influenciarse pola publicidade e polo aspecto da caixa.
- Xoguetes violentos e sexistas.
- Xoguetes sen etiquetas ou instrucións en galego ou castelán.
- Riscos dos elementos da embalaxe: grampas, bolsas de plástico...
- Bordos cortantes, puntas agudas...
- Partes pequenas desprendibles.

Tamén é IMPORTANTE:
- Vixiar o xogo d@s nen@s e asegurarse de que adoptan condutas seguras.
- Tomar o tempo necesario para aprenderlles o uso correcto dos xoguetes.
- Comprobar os xoguetes con regularidade e desfacerse deles cando rompan.

E unha web interesante: Juguete Seguro

¡¡¡Felicidades Valentina!!!



Nas fotos podedes ver qué ben o pasamos: torta, piñata, caramelos... E tamén un invitado sorpresa: un Marcelino precioso que quedará connosco na clase. ¡¡¡Non faltou de nada!!!
¡Gracias por todo, papis! ;)

martes, 27 de noviembre de 2007

sábado, 24 de noviembre de 2007

¡Xa temos 1000 visitas!

...e por suposto, hoxe o post vai dedicado a tod@s vós...

@s que mirades habitualmente o noso cole a través desta "ventaniña" e disfrutades connosco.

@s que deixades as vosas mensaxes, que é o que alimenta un espacio coma este e anima a continuar.

@s que participades activamente na escola e estades sempre dispostos a axudar e colaborar.

@s que compartides as vosas experiencias en blogues educativos dos que tod@s nos alimentamos e inspiramos.

E, cómo non... @s nosos pitufos, que fan que "desconectemos" de todo mentres estamos na clase, cos que aprendemos a rir, a querer... a ser un pouco nen@s outra vez.

Non olvidedes que este e un espacio DE TOD@S E PARA TOD@S e que, coa vosa axuda, continuaremos crecendo.

Así que só nos queda dicir...

jueves, 22 de noviembre de 2007

Os días da semana

Aquí están os máis peques do cole cantando e bailando os días da semana

A bóla máxica


Hoxe Jose Manuel trouxo unha sorpresa á clase: ¡unha bóla máxica! Baixamos as persianas, apagamos as luces e... ¡tachán! Apareceron un montón de raios de cores.
Pouquiño a pouco e por orde todos tocamos a bóla e os raios movíanse moito, e ata bailaban ó ritmo da música. Sorprendeunos moitísimo e pasámolo xenial, pero por desgracia cando estabamos recollendo todo... ploff... a bóla caeu ó chan e rompeu.
Aínda que non foi culpa nosa... ¡sentímolo moito, Jose Manuel!

martes, 20 de noviembre de 2007

20 de Novembro: Día dos Dereitos d@ Nen@

Como todas as persoas, @s nen@s tamén temos dereitos, e iso foi o que conmemoramos hoxe facendo unha carreira solidaria, aínda que para algúns tratábase dunha "carreira solitaria". ¡Estes peques non deixan de sorprendernos!
Este ano a ONG Save The Children destina o diñeiro a axudar @s nen@s do Congo. Graciñas polas vosas aportacións ;)
Despois de estar toda a mañá mirando o ceo, por sorte o tempo deunos un respiro e puidemos baixar ó xardín. Puxémonos os dorsais de corredores, cada un co seu número, calentamos un pouquiño todos os músculos do corpo e... ¡¡¡preparados!!! ¡¡¡listos!!!... ¡¡¡XAAAA!!!
Aquí tedes os vosos deportistas, que hoxe demostraron que están moi en forma.

lunes, 19 de noviembre de 2007

Obra de teatro científico familiar

Este sábado e domingo, 24 e 25 de Novembro, se representará gratuitamente a obra de teatro Alá no fondo hai sitio abondo, no Salón de Actos do MARCO (Museo de Arte Contemporánea de Vigo). Os pases serán ás 12:00 e ás 12:45 os dous días.
É un acto aberto a tódolos públicos, aínda que especialmente deseñado para nen@s de 6 a 12 anos. ¡Que o disfrutedes!

sábado, 17 de noviembre de 2007

Marcelino propón unha nova actividade (3 anos)

Xa estamos rematando a segunda actividade con Marcelino que, por certo, foi un éxito. @s nen@s veñen moi contentos co seu conto e están desexando que chegue o momento de contalo. Con esta actividade conseguimos moitas cousas: compartir un obxecto persoal cos demáis, traballar a linguaxe oral e a técnica de contar contos, aprender novo vocabulario, respectar os momentos de silencio… Aquí tedes as fotos:
BubbleShare: Share photos - Delicious Christmas Recipes.


Agora queremos dar un paso máis: facer nós un libro. Así que propoñemos dúas ideas, para que elixades cal vos gusta máis:
1.- Inventar un conto entre todas as familias (tema libre, o que saia da nósa imaxinación). Será un libro viaxeiro que @s nen@s levan para casa durante 3 días e entre tod@s faredes unha páxina do libro.
2.- Facer un libro para coñecer culturas, costumes, formas de vida… de distintos países ou lugares, xa que na aula temos nen@s con raíces mexicanas, arxentinas, brasileiras, de distintas partes de Galicia… É unha forma moi interesante de coñecer outros “lugares do mundo”.
O importante desta actividade non é que o fagades vós, senón que traballedes conxuntamente cos nen@s nun proxecto colectivo de todo o grupo. Veredes como é unha experiencia moi bonita e interesante.
¡Esperamos as vosas respostas!

viernes, 16 de noviembre de 2007

O Magosto

Hoxe festexamos o tan esperado Magosto, que este ano colleunos un pouco tarde, pero pasámolo... ¡¡¡xenial!!!
Viñeron os castañeiros para que puidésemos ver cómo asaban as castañas, sentámonos ó redor deles a esperar a que estivesen listas e despois fixemos un tren enorme para coller o noso paquetiño dun en un.
Tamén viñeron os nenos e nenas de 1º e 2º de Primaria do CEP Santa Tegra, ós que tiñamos moitísimas ganas de ver. Estamos seguros de que o pasaron xenial xogando no patio e recordando vellos (e bellos) tempos.
Seguro que @s peques durmirán moito esta noite, ¡porque estamos tod@s cansadísimos de tanto xogar!

Aquí están algunhas das fotos (faltan moitas, porque non temos autorizacións da imaxe d@s nen@s de Primaria e non podemos publicalas).
BubbleShare: Share photos - Make some Thanksgiving Crafts!

lunes, 12 de noviembre de 2007

sábado, 10 de noviembre de 2007

Hábitos: O sono


Hoxe a SuperNanny aborda un tema moi importante: o hábito do sono. Xunto coa alimentación, é un dos primeiros hábitos que deben adquirir @s nen@s xa que, entre outras cousas, está comprobado cientificamente que unha mala calidade do sono disminúe as defensas e, ademáis, durante o sono aumenta a hormona de crecemento.
O papel dos pais e nais é moi importante, establecendo unhas rutinas que axuden @s nen@s a sentirse máis seguros, a ter confianza en si mesmos, a progresar na súa autonomía...
Algunhas recomendacións:
- @s nen@s en idade escolar deben durmir aproximadamente 10 horas,
- Debemos deitalos cedo, antes de que estean demasiado cansos ou nerviosos, mantendo sempre o mesmo horario e lugar.
- Non apresuralo para durmir; pasar un rato tranquilo despois de metelo na cama.
- Establecer unhas rutinas (baño, cea, conto...) que marquen ben este momento.
- Coidar o espazo: evitar ruídos, temperatura agradable...

Actualmente un 30% d@s nen@s sufre algún trastorno do sono, e a maioría están ocasionados por malos hábitos. Os máis comúns son o insomnio, os pesadelos, apnea, bruxismo...

Ensinar a durmir @s nen@s é moi importante, pero seguro que hai moitos temas que vos preocupan ou interesan, e vos gustaría que abordásemos no blogue. Podedes deixar aquí as vosas SUXERENCIAS para que busquemos información e tratemos tamén temas que vos poden axudar na vosa tarefa como nais e pais (chupete e biberón, problemas da linguaxe, normas e límites, hábitos...).

¡Boa fin de semana!

jueves, 8 de noviembre de 2007

Inauguramos a Biblioteca

Onte quedou inaugurada oficialmente a nosa Biblioteca. O profe Jacobo e Libriño estarán ó frente da mesma, e seguro que a visitaremos moito.
Algúns consellos para facilitar o seu funcionamento:
- @s nen@s da Escola poderán levar un libro da Biblioteca sempre que queiran, mentres non teñan outro na casa.
- Os familiares d@s nen@s poderán coller tamén libros, con independencia dos que collan os peques. Podedes vir ó cole á hora do recreo ou de 13.55 a 14.00 todos os días.
- Podemos ter o libro na casa como máximo unha semana.
- É moi importante respectar o material, para que tod@s poidamos disfrutar del moito tempo.

Un saúdo e... ¡a ler todo o que poidades!

domingo, 4 de noviembre de 2007

SuperNanny


Seguro que tod@s coñecedes o programa da SuperNanny, que podedes ver en Cuatro os venres ás 23:00h.
Por si alguén non o coñece, SuperNanny é un programa onde unha Psicóloga con moita experiencia na educación d@s nen@s axuda ós pais/nais a solucionar problemas cos fill@s (hora de comer, medos e pesadelos, rivalidades entre irmáns, rabietas...).
El País acaba de sacar unha colección que consta dun libro e un DVD, todos os sábados por 7,95€. Se queredes botarlle unha ollada ó primeiro número (o de hoxe) adicado á alimentación, témolo no cole para que podades velo. Persoalmente pareceume moi interesante.
Aquí vos deixamos os temas que van publicar e as datas, por se vos interesa:
- 4 de Novembro - Alimentación
- 10 de Novembro - Sono
- 17 de Novembro - Premios e castigos
- 24 de Novembroo - Autoestima
- 1 de Decembro - Agresividade
- 8 de Decembro - O xogo
- 15 de Decembro - Normas e límites
- 22 de Decembro - Estimulación
- 29 de Decembro - Cambios na familia
- 5 de Xaneiro - Medos e manías
- 12 de Xaneiro - Intelixencia emocional
- 19 de Xaneiro - O hábito de estudio
- 26 de Xaneiro - A hixiene
- 2 de Febreiro - Adaptación e relación cos outros
- 9 de Febreiro - Novas situacións
- 16 de Febreiro - Trastornos infantís

sábado, 3 de noviembre de 2007

Despedimos a Kike


O mércores estivemos un pouquiño tristes porque Kike ten que marchar a outro cole, así que queremos dicirlle que esperamos que sexa moi feliz cos seus novos compis e que veña a visitarnos algún día ;)

¡¡¡Un bico moooooi grande de tod@s!!!

¡Qué medooooo!

Como sabedes, o mércores festexamos o Samaín no cole. Xuntámonos todos na aula de usos múltiples, acendimos as candeas e... ¡uuuuffff! ¡Terroríficoooo!

LinkWithin

Related Posts with Thumbnails