miércoles, 7 de marzo de 2018

Neizan e o gran invento do teléfono!!!

Seguimos aprendendo e canto!!! Hoxe Neizan falóunos do gran invento do teléfono. Fixo un gran traballo en casa coa axuda da súa nai. Coma sempre, puxemos o nome do invento, contamos as letras, vimos as que estaban repetidas, etc. E logo escoitamos a súa conferencia.


Así, contóunos o que escribira no seu libro. Moi sorprendente!!! Porque soubemos que o inventor do teléfono foi un señor que era de EEUU, chamado Antonio Meucci. Este apelido fixo moita gracia e mirando en internet, vimos que era italiano. 
Logo, ensinóunos un teléfono vello que lle deixou un amigo seu. Era moi diferente aos que coñecemos hoxe. Vimos que era enorme e tiña moitas cousas, unha roda de números, botón de cores, os auriculares, os cables. E investigamos un pouco.



Tamén comprobamos o diferente que era dos móbiles. E que pesaba moito, comparado co móbil da profe.
E xogamos a chamar por teléfono. Falamos con personaxes para os que escollimos unhas cousas dos disfraces: un bruxo que facía pócimas para matar ratos. Martín Helicóptero que levaba á xente de vacacións. Un trasno do bosque que regalaba cogumelos para facer comidas moi ricas. Uns amigos que se convidaban a tomar unha merenda. Unha granxeira que vendía ovos das súas galiñas. Moitas historias e moi divertidas.




E para rematar, construímos un teléfono vello, parecido ao de Neizan. Empregamos unha folla enteira, cada un da cor que quixo, porque tiña a mesma forma de rectángulo. Puxémoslle ao redor, os botóns cos números do teléfono do 0 ao 9. Tamén os auriculares e o cable de espiral. Un gran traballo, porque quedaron chulísimos!!!






No hay comentarios:

LinkWithin

Related Posts with Thumbnails