martes, 20 de marzo de 2018

Gael e o gran invento do paraugas!!!

Con Gael rematamos este coñecemento dos inventos, dalgúns inventos, porque hai tantos... E coma sempre comezamos por poñer o seu nome e xogar coas súas letras.


Nesta ocasión, tampouco sabemos o nome certo do inventor ou inventora. Pero coñecimos unha un lenda de China. Onde dicen que foi unha chica chamada Lu Mei. Esta cansada de mollarse coa choiva, e fixo unha aposta co seu irmán, para ver cal dos dous facía antes, algo para non mollarse. E gañou ela. Que cun bastón, con paus e unha tea, contruiu un paraugas. 



Logo, vimos diferentes paraugas e as súas partes. Os agrupamos polo seu tamaño. Vimos se se podían plegar ou non. Quen os usaba, se a xente maior ou os nenos e nenas. Cales pesaban máis ou menos.



 Tiveron moito éxito os paraugas automáticos!!!


E comezamos a xogar, esta todos e todas xuntos. Primeiro xogamos a "Eu son un paraugas".



Logo, ás adiviñas con "Quen se agocha no paraugas".




E rematamos, facendo uns paraugas de cores, con choiva moi chulos!!!






No hay comentarios:

LinkWithin

Related Posts with Thumbnails