lunes, 23 de octubre de 2017

Obradoiro con Cristina e os gatos de "Sedef Yilmabasar"

Hai uns días Critina estivo con nos na clase para falarnos de algúns pintores e debuxantes de gatos. E fíxonos a proposta de pintar un gato como os que facía a pintora, Sedef Yilmabasar. E así, comezamos o noso cadro gatuno.


Primeiro debuxamos o gato coas partes que tiña ela no seu cadro: cabeza, orellas e colo. Logo fixemos raiñas e curvas por dentro para dividilo en anaquiños.



Despois, pintamos cada anaquiño dunha cor diferente. Cada un cos seus gustos.


Logo, pegamos con belcro uns ollos de plástico branco e debuxamos a pupila. Uns ollos que ían ser máxicos e poderían mirar para todos os lados!!!



 E tamén, como tiña o gato de Sedef, pegamos o nariz cun adhesivo con forma de triángulo e puxémoslle os seus bigotes...


Sedef, ao redor do seus gatos fixo algo parecido aos espaguetis, á la, ás cordas, ao fío, etc. E nos, puxemos música e fixemos bailar aos rotuladores que debuxaron trazos parecidos e moi moi chulos.


 E xa só nos quedaba facer a boca e comprobar se os ollos dos nosos gatos e gatas,  podían cambiar a súa mirada... Que pasada!!!

Foi unha xornada de arte gatuno, chea de sorpresas e que nos demostrou unha vez máis, as cousas tan grandes que poden facer esas mans tan pequeniñas, e a arte e imaxinación que gardan esas cabeciñas. 
E todo rematou... cunha chea de bicos e apertas. MOITAS GRAZAS CRISTINA!!!!

1 comentario:

Unknown dijo...

Que super artistas!! Gracias Cristina!!

LinkWithin

Related Posts with Thumbnails