martes, 13 de junio de 2017

Estivemos nun bosque máxico coa nai de Brandán e as súas amigas!!!

Así de ben o pasamos coa Nai de Brandán e as súas amigas, que trouxeron á nosa escola unha experiencia de música, luz e escuridade . Grazas a elas pasamos unha noite no bosque!!!

Vimos estrelas de cores no ceo. Escoitamos paixariños. Tocamos unha chea de bechos diferentes que brilaban na escuridade. Escoitamos a chuvia e vimos nadar a unha familia de parrulos. Había flores, fadas ata relámpagos. Foi unha experiencia chulísima que nos encantou. Aquí tedes algunas fotos que fixemos despois da escuridade.







No hay comentarios:

LinkWithin

Related Posts with Thumbnails