martes, 23 de mayo de 2017

A Ezequiel gústanlle as "chuches"!!!

Estabamos desexando que chegara este día do que lle gusta a Ezequiel. E que a todos e todas nos gusta algunha das chuches que trouxemos estes días a escola, e so podiamos pensar en comelas todas!!!
Comezamos falando de por que nos gustan e explicamos, á nosa maneira, como nos sentimos cando vemos ou comemos chuches.
-A mi me encantan mucho.
-Y a mi me hacen que me ponga de colorines cuando las como.
-Sí, yo también me pongo de colores.
-Eso es porque algunas chuches tienen polvitos mágicos.
-No esos polvitos son el azúcar.
-Claro y por eso están ricas, porque tienen azúcar.
-Sí porque el azúcar está rica.
-Pero algunas cuando las comes te pones de color rojo, porque yo una vez comi una chuche y me pusio la lengua roja.
-Sí, y yo con un chucpachus pues a mi se me pusió la lengua verde.
-Jo! como un dinosaurio.
-No, como una lechuga…
-Pues a mi me encanta como cuando estoy con papá, con mamá y con Valentina.
-Y a mi como cuando voy a la piscina, que me gusta mucho.
-Y a mi me gustan las chuches como cuando como pizza.
-Que están muy ricas y algunas no tienen azúcar.
-Sí, las patatillas tienen sal que es parecida pero no sabe igual.
-A mi me gustan las que se pegan en los dientes, los sugus.
-Son masticadas.
-Pues a mi me gustan las chuches que pican porque hacen cosquillas.
-Y a mí las que se chupan.
-Son las piruletas.
-Y también los “chuspachuses”.
-Como nos llamas tu, profe.
-Por que nos haces reír.
-Y porque nos quieres mucho.
Vimos as que tiñamos e contamos as que nos gustan e tamén, cales non non gustan e por que.

Fixemos equipos de chuches: con pau e sen pau; con bolsa e sen bolsa; con azucre por fora e sen azucre; con papel e sen papel; polos tamaños das bolsas. Contámos cantas tiña cada equipo, que algún tiña moitas!!!



 Puxémoslle os seus nomes e vimos: como se chamaban, cales tiñan letras repetidas e cantas letras tiñan no seu nome.
Aproveitamos para lembrar as cousas que temos na cabeza, debuxando caras coas chuches.


 Coñecimos a “Chuchilín e Chuchilina”, os trasnos das golosinas. Eles deixaronnos un reto. Tiñamos que facelos coas golosinas. Unha boa actividade para repasar o esquema corporal e a súa organización no espacio. E se eramos capaces, teríamos un agasallo!!!
E descubrimos que eles son os que lles din a Papa Noel, aos Reis Magos e ao Apalpador, quen come golosinas a modo e cuida os seus dentes. Aproveitamos para falar de que están feitas as golosinas, de por que non é bo comer tantas, de que nos pode pasar se nos pasamos, etc.
O agasallo de Chuchilín e Chuchilina era un cepillo para coidar os nosos dentes!!! E con Celeste, aproveitamos para ver como o cepillo limpa os dentes, e practicamos como temos que limpalos e cando.
Metimos nuha bolsa unha chea de chuches, seguindo as instruccións da profe: 2 nubes, 3 caramelos, etc. Para levalas a casa e facer caso aos trasnos... comelas pouco a pouco.
E por suposto, despois de merendar no patio, comimos unhas poucas de chuches...gusanitos e patatillas que compartimos cos nosos amigos e amigas doutras clases.
Foi un día xenial!!! Algúns dixeron que temos que facer outro día das chuches... xa veremos.

1 comentario:

Cristina dijo...

Esto en mi época no se hacía!! Que suerte tienen!!

LinkWithin

Related Posts with Thumbnails