martes, 14 de febrero de 2017

Celeste ensinóunos unha porcariza!!!

Que ben o pasamos coa familia de porcos de Celeste, menuda familia!!! Coa súa nai estivo na casa traballando moito. Xuntas fixeron unha chea de porquiños, utilizando botellas de plástico, papeliños de cores, pegamento, cartón, etc. Traballaron moitíísimo, e todo para que tiveramos unha porcariza na clase.
Celeste ensinóunos todo perfectamente. Escoitando o que nos contou, vimos cómo é a nai, como comen os porquiños cando son pequenos, como comen cando son grandes, como durmen, como pasean, etc.
Tamén estivemos falando dos nomes das casas que teñen os porquiños: porcariza, pocilga, cuadra,etc. E o mellor foi que nos deu un de agasallo. Pero aínda quedan o pai, a nai e tres porquiños para xogar xuntos na clase. Cantas historias imos inventar!!!







1 comentario:

Diana dijo...

Gracias por ser diferentes !!! Cada uno de vosotros sois un encanto de seres humanos ,incluida la rana que siempre me da la bienvenida 😋😋😋😋

LinkWithin

Related Posts with Thumbnails