miércoles, 2 de diciembre de 2015

E chegou o día!

E unha representación de cada aula, xunto cos profes Rafa e Chus, comezaron a camiñar cheíños de bolsas e curiosidade.. Seremos os primeiros? xa estarán alí as persoas que veñen na nosa axuda? a escaleira é grande? serán moitos os adornos? ou poucos? A oliveira é grande ou mediana? e un longo etc
E alí estaban, coa escaleira, agardando xa por nós. Puxémonos todos a traballar coa axudiña a maiores do profe Rafa (por cuestións de altura, non de entusiasmo!)
E pouquiño a pouco a nosa oliveira ía enchéndose de aloumiños: fermosisíma rematóu, non é certo? mooooito máis chula e ecolóxica que a maioría, sen consumo de enerxía e reivindicando "de paso" a creatividade e a cooperación fronte ao consumismo e a competitividade.

No hay comentarios:

LinkWithin

Related Posts with Thumbnails