lunes, 13 de enero de 2014

Este Nadal, a ANPA trouxo ao APALPADOR!!!

Na festa de Nadal que preparou a nosa ANPA, entre outras actividades, tivemos a visita do APALPADOR que chegou das montañas do Caurel. Estaba moi canso pero con moitas ganas de coñecernos. Nunha larga cola, os nosos peques esperaron impacientes para entregarlle a carta na que pedían algúns agasallos. O APALAPADOR falou con todos e todas, deu algún bo consello e trouxo doces que degustamos xuntos. Noraboa pola iniciativa e graciñas ANPA polo vos traballo.

No hay comentarios:

LinkWithin

Related Posts with Thumbnails