viernes, 4 de mayo de 2012

Aquí desvelamos a nova ilustración de Xabarín, de David Amoedo, "Davida"

Un Xabarín moi moi ben acompañado...nin máis nin menos que por Silvia Superstar!

David Amoedo Losada (Davida), nace en Vigo, e dende o 2003 adícase á ilustración, ao cómic e ao deseño gráfico. É membro fundador e coordinador do colectivo Fuck Cómics e tamén colabora nos Fanzines "Despregable", "La Patrulla Caspa", "XDécimo","Sinónimos de Lucro", "DreamMaker"e a revista "Xogo Descuberto". Na revista "Retranca" colabora como humorista gráfico así coma no portal Web Novaxove.com.
"Monstruos Clásicos", "Clásicos y Zombies", "Su Universo a Través" e "Ilusionaría" son algúns dos títulos nos que é partícipe este xoven artista; para máis información, visitade o seu blogue: http://basuryya.blogspot.com.es/

Dende aquí queremos agradecerlle a este gran ilustrador a súa colaboración para o Xabaniversario! Así que....Xababicos de parte da EEI Monte da Guía!

No hay comentarios:

LinkWithin

Related Posts with Thumbnails