miércoles, 2 de marzo de 2011

ÁLVARO CUNQUEIRO: 30 ANOS DESPOIS

Parte da obra poética de Álvaro Cunqueiro adáptase perfectamente ao proxecto que estamos desenrolando nestes intres, sobre todo aquela parte da súa obra (extensa e diversa, das simplificacións é mellor fuxir) que sigue o estilo da poesía trovadoresca medieval galego-portuguesa. Álvaro Cunqueiro, figura senlleira das literaturas tanto en castelán como galega, foi un autor moi vencellado coa cidade de Vigo onde viviu durante longo tempo onde desempeñou ademais o cargo de director do Faro de Vigo.
Pero se é coñecido para o gran público é a través das versións musicadas dalgúns dos seus poemas neotrovadorescos por parte de músicos como Amancio Prada ("A dama e o Cabaleiro" 1988) e sobre todo por parte de Luis Emilio Batallán que no seu LP de 1975 "Ahí ven o maio" publicaba a versión mais coñecida do seu poema "O niño novo do vento"

No hay comentarios:

LinkWithin

Related Posts with Thumbnails