miércoles, 23 de enero de 2008

MARCO


Hoxe fixemos a segunda saída deste curso e pasámolo moi ben. O tema da visita era "o tempo" e puidemos ver un video no que aparecía un caracol que camiñaba moi despaciño, unhas froitas que pouquiño a pouco íanse poñendo "feas", un montón de cadros de pintores moi importantes... E tamén pintamos debuxos de cousas que facemos ó longo do día.
Estabamos guapísim@s coas nosas gorras de Tegriña. Tiñamos moitas ganas de estrenalas.
Seguro que esta noite descansaremos un montón e cargaremos as pilas para mañá. ¡Vémonos!

No hay comentarios:

LinkWithin

Related Posts with Thumbnails