viernes, 21 de diciembre de 2007


Como sabedes esta foi unha semana de moitas emocións para tod@s: o mércores recibimos a visita do Carteiro Real, hoxe venres celebramos a Gran Festa de Nadal, visitounos Papá Noel... Temos moitas fotos, pero colgarémolas pouquiño a pouco.
Hoxe na nosa actuación tivemos un público magnífico, case temos que colgar un carteliño de "Aforo completo". Os profes queremos darvos as gracias a todas as familias pola vosa participación e polas vosas palabras. A verdade é que da gusto traballar así.

Antes de rematar, unha PETICIÓN: a fotógrafa de hoxe non era moi profesional e algunhas fotos d@s nen@s con Papá Noel non saíron moi ben. ¿Alguén ten estas fotos e pode envialas por e-mail?: Matías, Pablo Comesaña, Ainhoa e Lois de 3 anos; Nelly, Nico e Noelia de 4 anos; Bruna de 5 anos. Podedes envialas a minimarta@edu.xunta.es ¡Graciñas!

¡Por certo! Aínda que estamos de vacacións non deixedes de visitarnos, porque Tegriña seguirá dando sorpresas estes días. ¡¡¡Moitos biquiños e Felices Festas!!!

No hay comentarios:

LinkWithin

Related Posts with Thumbnails