martes, 23 de octubre de 2007

Parece que chega o outono...

Aínda que xa comezou hai un mes, parece que agora sí que chega de verdade, polo menos ó noso xardín: hai moitísimas castañas polo chan, as árbores están quedando sen follas, cada vez temos que abrigarnos máis...
Estamos gardando moitas castañas para cando festexemos o Magosto, e hoxe no recreo axudamos a José Manuel a recoller follas secas. ¡Pasámolo xenial!

Mirade que vídeo tan chuli sobre as estacións do ano:

2 comentarios:

Estela Castro García dijo...

O patio do colexio Monte da Guia, non é propiamente un patio. Non é un patio calquera. É un pedazo da nosa terra, un lugar máxico onde nen@s están en contacto coa propia natureza. Aprender da vida mesma é a mellor forma de aprender. É un privilexio que os nos@as respiren aire puro, xoguen coas cousas sinxelas pero cheas de aromas e significado, as cousas que están a escasear nun mundo cada vez máis cheo de cemento e pó. O meu fillo Álvar mánchase a roupa pero cando sae do cole parece o neo máis feliz do mundo. Eu non podo evitar sorrir tamén e o resto faino a lavadora. Nese patio-natureza poden atopar moitos elementos do outono, velos, tocalos, sentilos sen ter que recurrir a fotos ou a vídeos. Alégrome moito de que aínda existan lugares e rincóns cheos de vida. Felicidades a Monte da Guía!

Tegriña dijo...

Gracias, Estela. A verdade é que sí, somos uns privilexiados! ;)
¡¡¡Un biquiño e moita sorte!!!

LinkWithin

Related Posts with Thumbnails