sábado 28 de noviembre de 2009

VISITA DO R.C. CELTA BASKET FEMININO

Tres xogadoras do clube de Baloncesto Celta de 1ª División de Baloncesto Feminino compartiron connosco a xornada do martes. Despois de ver un video sobre o equipo os rapaces disfrutaron por todo o alto encestando. Houbo canastas para todos los gustos ; de media distancia, mates e non houbo triples por falta de espazo

jueves 26 de noviembre de 2009

MAGOSTO 2009

O mércores da semana pasada fixemos unha parada nas nosas viaxes polo Universo para regresar ao noso planeta e celebrar como tódolos anos unha das tradicións galegas de mais raigame popular, o Magosto. Alumnos, mestres e pais estivemos todos xuntos pasando un bo rato e comendo castañas, que era do que se trataba. Visitounos ademáis un castañeiro que deixóu as castañas no seu punto.


miércoles 25 de noviembre de 2009

VIAXAMOS POLO UNIVERSO

Os nosos alumnos viaxaron a distantes estrelas e planetas do universo espacial, a través de Internet. Como recordatorio de tal viaxe deixaronnos estas fotos realizadas polos nenos de 5 anos.


Image and video hosting by TinyPic

miércoles 18 de noviembre de 2009

ADIVIÑAS DO UNIVERSO

Logo do enorme éxito obtido na nosa entrada no mundo das adiviñas (a algúns incluso lles dou por pensar), volvemos coa primeira das adiviñas cos nenos plantexarán; e cun doble obxetivo, o de ser capaces de darlle solución a adiviña e de identificar a voz do neno. Esta vez o noso artista invitado é un dos rapaces de 3 anos.


Posdata: Esta vez sí que é unha pista verdadeira, non coma a dos muiños que moitos pensaron que era Holanda. Esta visto que nestes tempos xa non se pode fíar ún nin siquera das mascotas dos colexios. Hai que buscar información e ser mais observadores. Que non había tulipáns por ningures¡








E por ser a primeira de moitas outras que virán, quixemos adornala un pouquiño; pois a partir de agora, as adiviñas dos rapaces virán como ven ésta, na barra lateral, debaixo do apartado adicado ao noso cole. As solucións podedelas subir no chat da mesma barra, que permanecerá aberto en tanto en canto sigan aparecendo novas adiviñas.

viernes 13 de noviembre de 2009

A QUE SABE A LÚA?

Continuando co noso proxecto sobre o universo e baseándonos no libro do mesmo título os nenos de 4 anos cóntannos, despois de realizar unha actividade que engloba prelectura, preescritura e linguaxe artística, a que pensan eles que sabe a Lúa.


jueves 12 de noviembre de 2009

TEGRIÑA, A NOSA MASCOTA

Tegriña é froito do enorme talento e xenerosidade do artista Ramón Trigo, que cedeu ao noso colexio varias das súas obras, entre elas esta. Neste caso fai a súa posta de longo recreada pola mestra Mamen nun moneco de tea que nos vai acompañar durante moitas semanas no noso blog propoñéndonos adiviñas na voz dos nenos. Como primeiro interrogante, algún de vos pódenos dicir en que país de Europa está? (É famoso polos seus muiños)...

COÑECENDO O UNIVERSO

Da man do pai dun dos nosos alumnos de 5 anos que nos visitou para enseñarnos os misterios do universo, coñecimos un pouco mais do noso Sistema Solar. Tódolos nenos disfrutaron co que Nico nos veu contar e coas imaxes que nos amosou