sábado, 7 de diciembre de 2019

HORRIBLEMENTE GUAPA!


A primeira contada das familias foi "Guapa".
Fixemos diferentes actividades sobre o conto e unha delas foi representar á protagonista; a bruxa.
Houbo unha proposta para levar a cabo a actividade pero o bonito foi a diferenza na elaboración de cada unha delas. Ao final, así somos as persoas; diversas.
Para empezar, entre o alumnado ou coa axuda dalgún membro das familias pintamos as mans.




Logo, pintámoslle o pelo. Na variedade estivo o gusto.



Fomos engadindo elementos e xurdiron as bruxas simpáticas, monstruosas, asustadas, voadoras, presumidas, sinxelas...


Tivemos tempo para xogar coa pintura e ensinar a orixinalidade de cada unha das nosas producións.



Pero sobre todo, coas vosas visitas, tivemos tempo de gozar.
Grazas a todas as familias que viñeron deixar un anaco do seu tempo a comunidade educativa.

No hay comentarios:

LinkWithin

Related Posts with Thumbnails