viernes, 14 de junio de 2019

Con Iván, coñecemos un pouco mellor as impresoras 3D!!!

Mil gracias a Iván, o papi de Ada,  por compartir con nos este tempo, para ensinarnos un pouco máis do mundo das impresoras 3D. Cantas cousas podemos facer con elas!!! Agora sabemos que das súas infinitas, incribles e importantes posibilidades. Por exemplo, que con elas podemos facer mans e brazos, para poñerlle á xente que por diferentes motivos, lles faltan.
Tamén contounos, que hai de moitos tamaños, ata para facer casas. Que poden traballar en moitos lugares, como o deserto. Que están tentando enviar una á lúa para que faga casas alí. Que os investigadores están tentando facer cousas para mellorar a nosa saúde.
Que podes mercala construída ou, podes comprar as pezas e montala ti mesmo en casa. O que a moitos lles pareceu moi interesante. E moitísimas cousas máis.
Trouxo unha morea de cousas que fixo coa súa impresora 3D. E o mellor, foi un agasallo sorpresa que fixo, e que nos gustou moitísimo. UNHA TEGRIÑA!!!
E rematouse a conferencia, facendo de impresoras 3D, para construír diferentes tegriñas , que coma sempre amosaron, que son uns artístas!!!











No hay comentarios:

LinkWithin

Related Posts with Thumbnails