miércoles, 13 de febrero de 2019

Brandán e a súa conferencia sobre o Pangolín!!!

Hoxe rematamos as conferencias sobre animais raros, co animal que escolleu Brandán. O pangolín é sorprendente, porque nunca víramos un animal que comera pedras, para que lle axudasen a triturar a súa comida. Sorprendéunos que ten o corpo cheo de escamas como se fose un peixe. E tamén, que cando o atacan faise unha bola coa sua coraza, porque é moi dura. A verdade é que foi unha conferencia moi moi interesante. Brandán explicou todo moi ben. Gustóunos moitísimo o cadro do Pangolín que lle fixo o seu avó cunha máquina. E trouxo un agasallo sopresa para todos e todas... unhas linguas de pangolín de regalíz!!!
Logo, fixemos un pangolín cunha piña, porque se parecía ao seu corpo, e con plastilina, Quedaron moi bonitos!!!










No hay comentarios:

LinkWithin

Related Posts with Thumbnails