jueves, 13 de diciembre de 2018

Fixémoslle unha entrevista ao cociñeiro Gerson!!!

Os coelliños e coelliñas, seguimos aprendendo de cociña, para cando inauguremos o noso restaurante. Esta vez, con Gerson o pai do noso compañeiro Galir, ao que lle fixemos unha entrevista moi interesante.
Todo xurdíu, porque uqeríamos falar cunha cociñeira ou cociñeiro famoso. Cíes foi a que dixo que tiñamos un no cole, Gerson. E mandámoslle unha invitación para que viñera a ensinarnos un pouco máis sobre o tema da cociña. Veu encantado e preguntámoslle sobre o seu restaurante, a xente coa que traballa, como se viste, que utensilios e aparellos emprega, o menú que fai, o prato que máis lle gusta facer, os premios que tivo por facer tan ben o seu traballo, e unha chea de cousiñas máis. Tivemos moita sorte, porque contestou a todo, todo. E ademais, trouxo cousas da súa cociña e un video con fotos do seu restaurante e de como fan o seu traballo. Como non podía ser de outra maneira, tivo unha chea de agasallos: bicos, apertas, unha bolsa para ir ao mercado e uns días máis tarde, un libro cos debuxos que fixemos, para que saiba como o lembramos.
Mil gracias Gerson, por facer posible esta experiencia.






3 comentarios:

Pili Serantes dijo...

Mil gracias Gerson

Diana dijo...

Gracias! Por compartir con los niños

Unknown dijo...

Gerson, eres lo más!!!

LinkWithin

Related Posts with Thumbnails