jueves, 11 de octubre de 2018

Ada e "A mellor sopa do mundo"


Tivemos unha sesión de pequenos contacontos xenial!!! con Ada e o conto "A mellor sopa do mundo". E o mellor estaba por vir, porque trouxo todo o necesario para facer a nosa mellor sopa do mundo. Unha sopa vexetariana moi saudable, que fixemos entre todos, como pasaba no conto. Unha sopa a que ela engadiu uns toques moi especiais: luz, calor, amigos, sorrisos, etc. E como non podía ser doutra maneira, cando Ada remexeu.... saíron unha chea de corazóns cos seus bicos que tomamos e nos gustaron moito. 
E para rematar, escoitamos a canción do conto compartindo a sopa que nos repartiu para todos Ada. Unha sesión onde unha vez máis, vimos canto nos enriquece ter moitos amigos e amigas e que xuntos podemos facer cousas maravillosas. Mil gracias a Ada e á súa familia!!!







No hay comentarios:

LinkWithin

Related Posts with Thumbnails