sábado, 2 de junio de 2018

Último proceso de cociña

Despedímonos dos procesos de cociña con tres propostas sobre LÁCTEOS, para coñecer un pouco máis sobre estes alimentos: de onde proceden, como se elaboran e como podemos comelos:

- Distintos tipos de queixos para experimentar co seu sabor, texturas, temperatura...
- Iogur para combinar con froitas e/ou cereais, exercitando ademáis a motricidade fina mentres cortamos, pelamos, levamos con equilibrio a culler chea...
- Leite e froitas para elaborar un batido, aprendendo a empregar algúns utensilios de cociña con autonomía e prudencia, e sendo conscientes de cando precisamos a axuda dos adultos.

Mais que cociñar, degustamos, pero igualmente foi xenial!

Grazas infinitas á ANPA pola aportación económica para poder levar a cabo estas sesións deste xeito!!!


No hay comentarios:

LinkWithin

Related Posts with Thumbnails