miércoles, 2 de mayo de 2018

Xa rematamos outro libro: Animalario.

Nesta ocasión xuntamos algunhas preferencias que tiñamos, para facer varios libros nun solo. Porque querían facer un libro de animais do mar, outro do deserto, outro da selva, etc. E despois de falar, pensamos que era máis doado facar un de animais en xeral. E decidimos empregar o abecedario do armario para pensar nun animal con cada letra.
Con algunas letras era un pouco difícil. Por iso tivemos que buscar en internet e así, coñecimos outros animais e os seus nomes un tanto raros.




E xogamos un pouco a facer o animal!!!




Comezamos o libro picando cada un dúas letras, porque eran moitas. E copiamos e repasamos, os debuxos de dous animais que eleximos. A profe, alucinada, porque o fixeron xenial!!!





Logo, coloreamos os debuxos e pegamos as letras nunha cartolina amarela, porque quixemos facer o libro de follas amarelas.


Fixemos a portada e contraportada. Escribimos os nomes. E moi atentos a cando aparecía a letra dos nosos animais, gardando a quenda, fomos pegando cada animal na súa folla.





E xa por último, co animalario encadernado, velo e xogar con el. Contando historias dos seus animais. facendo dos animais que aparecían cando abría o libro ao chou.


E tamén, xogamos ás adiviñas. Tentando adiviñar a letra polo tacto. E tentando lembrar cal era o seu animal.

Un traballo moi duro o de crear un libro, pero moi gratificante aprender e descubrir a cantas cousas podemos xogar con el. E agora xa está na nosa biblio da aula para seguir xogando.

2 comentarios:

Unknown dijo...

Que maravillaaaa!!!!

Pili Serantes dijo...

Impresionante!!!!

LinkWithin

Related Posts with Thumbnails