lunes, 21 de mayo de 2018

Agasallos de Celeste e da súa familia. Mil grazas!!!

Celeste levaba un tempo dicindo que estaba preparando unha sorpresa... pero nós non podiamos imaxinar do que se trataba. Coa súa familia, preparou unha caixa chea de xoguetes para os coelliños e coelliñas. Agasallos porque son os seus amigos e amigas e para que xoguemos "con otras cosas diferentes". Que sorpresa!!!!
E rematamos con bicos e apertas e cunha foto de todos e todas xunto á nosa amiga.




E por suposto, que nós tamén preparamos outro agasallo para darlle as grazas á súa familia. Un debuxo dela, que fixeron seguindo as instrucións que lles deu Celeste: como teñen o pelo, que roupa tiñan que poñerlles, cal era máis grande e quen máis pequeno, etc. Todo para darlles un GRAZAS moi grande pola súa xenerosidade e por querernos tanto. Mil grazas familia.




3 comentarios:

Unknown dijo...

Muchisimas gracias familia!!

Pili Serantes dijo...

No se cuanto le tenemos que agradecer a esta familia, graciasssss y Diana ni una lagrimaaa, sois buenos de verdad

Unknown dijo...

Gracias por todo a vosotros !!! un abrazo

LinkWithin

Related Posts with Thumbnails