jueves, 26 de abril de 2018

Ensalada de legumes

Neste proceso de cociña traballamos outro grupo de alimentos moi importante: os legumes.
Primeiro observamos e manipulamos as sementes crúas (nas mesas e na caixa de luz), puxémoslle nome, tocamos as vainas, abrimos cacahuetes (xa sabemos que non son froitos secos!), observamos na lupa prantiñas de garavanzo e fabas que están empezando a medrar na aula dos peixiños...
Nunha segunda sesión, preparamos a nosa propia ensalada, escollendo os ingredientes que cada un quixo: legumes variadas, cenorias, tomates, olivas, atún...

Estaban... mmmmm.... boísimas!!! E a clase cheiraba taaaaan ben!!


1 comentario:

Cristina dijo...

Gracias por estas experiencias... ricas en sabores, olores y aprendizajes!

LinkWithin

Related Posts with Thumbnails